Luz Fandiño: Orixinouse con esa carta que poñía: "Marina, dejá venir para acá" (...) Unha sobriña de miña avoa. "Dejá venir para acá a Lusita". Lusita era eu. "Porque conque trabaje tres meses en el año, ahorra para traer a su hermanita y mandarte dinero para que tú te sanes". Bla, bla, bla. Cheguei a Bos Aires, e,e,e xa, bueno a ida no barco, horrible, horrible. Unha (...) víase a miseria total, e que querían disfrazala, incluso, había unhos cuantos que hasta collían o acento no barco. De verdá, eh! De verdá. Iamos seiscentas mulleres en unha adega, como os soldados. Non sabes? Catro altos que tiña. Ir ao,o,o servicio era como,o,o quererse,e,e enfouzar en plena merda. Non había limpieza. Bueno, a comida que nos daban, que xa a pagáramos, e,e,era malísima, malisma. As laranxas que nos daban estaban secas, secas, secas. Como sería que ao pasar por Brasil non nos deixaron baixar. Eso. Eu quedaba alí.
Antonio Reigosa: Si?
Luz Fandiño: Porque parecíame, ai que cousa bonita! A baía, ai! E logo, pobre xente, os que estaban para cargar e descargar, xa nos debían ver cara de miseria, cara de medo, que nos enchían con plátanos. E, a min, incluso, un que me dou un billete, non me acordo si eran de dez e,e,e como se chaman alá? Bueno (...)
Antonio Reigosa: Cruceiros.
Luz Fandiño: Cruceiros. Bueno, eu tamén, moi sentimental, queríanmo comprar, e eu non quixen porque era os primeiros cartiños que eu tiña na miña man. Cheguei, a mesma noite que cheguei si houbera un camiño de volta, eu morrería nel, pero eu alí non quedaba.
Antonio Reigosa: Pero que pasou? Nada máis chegar?
Luz Fandiño: Mi madriña! Eu que ía cunha ansia de poderme duchar, de poderme adecentar. Ai, ilusa! Quixen ir ao, ao servicio que era para varias familias, que os conventillos que lle chaman, cada,a,a habitación, vivía unha familia. E, díxenlle a elas que tiña necisidade de ir ao servicio. Abrir a porta, abrina, pero,o,o non quero escandalizar, vós e si é que non, non o credes convinte, e,e,e borrade (...) Alí, era un montón de merda, así, que eu penso que o primeiro,o,o que chegou a Arxentina, fora Colón, fora quen fora, alí estaba. Salín, nin puden mexar siquera, e logo decíanme que: "Ay, orinate ahí!" No vertedeiro, onde estaban os platos sen fregar, e que mexara alí. "No, no. Ya se me fue la gana". Aquelo era, e,e,e era,a,a de verdá, horrible. Logo, cando nos deitamos, na miña casa,a,a éramos moi pobres pero decía miña nai que a,a,a limpeza non tiña nada que ver coa pobreza, e que a auga era libre. Daquela, non había traída.
((Risas))
Luz Fandiño: E,e,e non sei eu,u,u sentín (...) porque eu estaba a, nun, nunha colchoneta ou un colchón, ou non sei o que era, pero empecei a sentir, chi-chi-chi-chi e díxenlle: "Mirita, Merita, enciende la luz porque por aquí anda algo". Unha rata! Unha rata! Empézame a curmá de miña nai: "Jo, jo, es una lauchita!" Lauchitas chámanlle ás pequerreciñas pero aquela debía se-la tataravoa, eh! Miro polo teito, e todo o teito cheo de cascudas.
Antonio Reigosa: Ui!
Luz Fandiño: Collín unha depresión, empecei a chorar, a chorar, e,e,e ela a preguntarme: "Pero qué tenés Lusita, qué tenés?! Como lle iba decir que eran unhas porcas! Eh? Nada, seguín chorando, i esa noite mesma, xa digo, voltaría atrás.
Antonio Reigosa: Non me estraña.
Luz Fandiño: Era horrible, horrible!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 2 de abril de 2018 en Santiago de Compostela, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.