6 de maio de 2006
Nesta edición incorporouse a novidade de estabelecermos un premio para cada un dos xéneros -teatro, narrativa, poesía, tradución e ensaio- co obxectivo de que o galardón ofreza unha visión mais ampla e xusta do panorama literario galego. O prazo de votación rematou o 24 de abril de 2006.
A entrega dos Premios Aelg 2006, que se celebrou na xa tradicional Cea das Letras, tivo lugar este ano en Santiago de Compostela, no Hotel Porta do Camiño, o día 6 de maio, sábado, ás 21:00, coa asistencia da inmensa maioría dos finalistas.