Na celebración da Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foron entregados os premios á mellor obra publicada no 2008 nas modalidades de ensaio, literatura infantil e xuvenil, poesía, narrativa, tradución, teatro, traxectoria xornalística e blog literario, así como á institución que salientara na defensa e difusión da nosa cultura.
Os galardóns, concedidos por escritores/as para escritores/as, levan camiño de se afianzar como uns dos de máis prestixio no noso panorama literario.
Da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda polos asociados/as á AELG -coa participación dos socios/as de Gálix para elixir a mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil e dos membros do Colexio de Xornalistas para a modalidade de Traxectoria xornalística-, elaborouse unha listaxe de obras finalistas correspondentes a cada xénero dos mencionados, sobre a que os socios e socias emitiron de novo o seu voto nunha segunda quenda para elixir as obras gañadoras dos Premios AELG. Unha vez computados os votos, os gañadores do Premio AELG ás mellores obras publicadas no 2008 foron (en amarelo):
Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix)
A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre
Caderno de animalista, Antón Fortes Torres
Fume, Antón Fortes Torres
O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
PAlAbrAs brAncAs, Elvira Riveiro
Poesía
A melancolía dos corpos, Xulio López Valcárcel
Acendede as almenaras: cántigas de amor, de amigo e de escarnio, Bernardino Graña
Amor Amén, Iolanda Zúñiga
Construcións, Eduardo Estévez
Cultivos transxénicos, Carlos Negro
Hordas de escritura, Chus Pato
Látego de algas, Antón Reixa
Libro de Alicia, Olalla Cociña
Migracións. Rafa Villar
Non son de aquí, María do Cebreiro
O xeito de Freud, Carlos Lema
Reversos: días adiados, Ramiro Fonte
Teatro
Fume / Insomnio, Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns
Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro
Nachtmahr, Raúl Dans
Unha primavera para Aldara, Teresa Moure
Ensaio
Anti Natura, María Xosé Queizán
Caderno de notas, Jenaro Marinhas del Valle
Fendas abertas: seis ensaios sobre a cuestión nacional, Carlos Taibo
Fin de século en Palestina, Miguel Anxo Murado
Historia de Ourense, Marcos Valcárcel
Miro Casabella e a nova canción galega, Xan Fraga
O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios, Luís G. Soto
O natural é político, Teresa Moure
Por unha Galiza liberada e novos ensaios, Xosé Manuel Beiras
Tradución
A conxura dos necios (John Kennedy Toole), Eva María Almazán García
As flores do mal (Charles Baudelaire), Gonzalo Navaza
Cantos e fragmentos (Safo), Raúl Gómez Pato
O xiro postal (Sembène Ousmane), María Isabel García Fernández
Un home na escuridade (Paul Auster), Eva María Almazán García
Narrativa
A choiva do mundo, Xosé Manuel Pacho Blanco
A verdade como mal menor, X. Luís Martínez Pereiro
Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás
Festina lente, Marcos S. Calveiro
Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva
O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
O profesor de vegliota, Manuel Veiga
O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo
Os nomes do traidor, Xurxo Sierra Veloso
Shakespeare destilado, Xesús Constela
Xornalismo cultural (Aelg-Colexio de Xornalistas)
Ana Romaní
Bieito Iglesias
Camilo Franco
Gustavo Luca de Tena
Marcos Valcárcel
Xosé Manuel Eyré
Xosé Manuel Pereiro
Mellor blog literario
…mmmm…, Estíbaliz Espinosa, http://estibalizes.wordpress.com
As uvas na solaina, Marcos Valcárcel, http://www.asuvasnasolaina.blogspot.com
Das orixes de marzo, Helena González, http://dasorixesdemarzo.wordpress.com
Lándoa. Marxes de Texto, Arturo Casas, http://landoa.blogspot.com
Henrique Marques-Samyn, Henrique Marques-Samyn, http://marques-samyn.blogspot.com
O levantador de minas, Alfredo Ferreiro, http://olevantadordeminas.blogaliza.org
Alén destas categorías, os Premios Aelg constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da Aelg: o premio para a Institución que se caracterizase polo seu contributo á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais, que este ano foi para a Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura do seu director desde o ano 2000, Marcos Valcárcel, cuxo labor representa o compromiso da institución coa nosa literatura mediante o desenvolvemento de múltiples actividades relacionadas coa escrita literaria e a figura do escritor/a. E mais o Premio AELG 2009 “Escritora Galega Universal”, outorgado pola Asemblea á escritora mexicana Elena Poniatowska, e que distingue escritores/as que combinan a excelencia literaria co compromiso ético que os converte en referentes para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana. Aquí pode escoitar unha mostra da literatura da autora na súa voz.
Elena Poniatowska estivo entre nós e tivemos ocasión de gozar da súa presenza nos seguintes actos:
6 de maio, ás 19.30, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela), nun acto no que se lle entregará a pluma que a suma á listaxe de "Escritores Galegos/as Universais", conformada até o momento polo palestino Mahmoud Darwish, o angolano Pepetela e a cubana Nancy Morejón. A escritora deu unha conferencia precedida dunha laudatio do escritor Manuel Rivas
7 de maio, Feira do Libro de Santiago de Compostela, presentación do libro "A filla do filósofo", conxunto de relatos da escritora en tradución ao galego coeditado por Galaxia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
8 de maio, ás 20.00, na sede da Real Academia Galega, conferencia de Elena Poniatowska co título "A literatura que vén da rúa", dentro do II Encontro Cidade da Coruña coorganizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, co lema Mulleres na Literatura. (Máis información en: http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=129)
9 de maio, Cea das Letras.
A Aelg agradece a colaboración da Libraría Couceiro e da Editorial Galaxia, e a presenza dos asistentes á Cea das Letras así como a participación dos asociados no proceso de votación. Así mesmo dá os parabéns ás/aos autoras/es premiadas/os.