30 de abril de 2011
Co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago e a Consellaría de Cultura e Turismo.
Foto da actividade

 

  ·       Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegaron á duodécima edición

·       As obras finalistas, publicadas en 2010, son escollidas polos 405 socios e socias da AELG, que nunha segunda fase tamén decidiron as gañadoras.

·       As obras gañadoras déronse a coñecer no marco da Cea das Letras, que tivo lugar o 30 de abril coa presenza do ‘Escritor Galego Universal’, Antonio Gamoneda.

 

  

Os socios e socias da AELG xa escolleron os gañadores/as aos premios á mellor obra publicada no 2010 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil; tamén a toda unha traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras déronse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que tivo lugar o 30 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

Sinálanse en negriña os gañadores/as:

 

 Blog Literario
1. 
Ferradura en tránsito, de Xosé Manuel Eyré.
2. O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.
3. 
Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso.

 

- Ensaio
1. 
A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro.
2. 
Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao.
3. O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.

 

- Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
1. 
Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto.
2. O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.
3. 
O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro.
4. 
Suso Espada. "Nota Roja", de Francisco X. Fernández Naval.

 

- Mellor traxectoria en xornalismo cultural (AELG-Colexio de Xornalistas)
1. 
Anxo Tarrío.
2. Daniel Salgado.
3. Fran P. Lorenzo.
4. Iago Martínez.
5. Ramón Nicolás.

 

- Narrativa
1. 
O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre.
2. 
Obediencia, de Antón Lopo.
3. 
Periferia, de Iolanda Zúñiga.
4. 
Settecento, de Marcos Calveiro.
5. Todo é silencio, de Manuel Rivas.
6. 
Xuvia-Neda, de Vicente Araguas.

- Poesía
1. 
Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval.
2. Estremas, de Ana Romaní.
3. 
Retro(visor), de Antía Otero.

 

- Teatro
1. 
Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo.
2. 
Cínicas, de Teresa Moure.
3. Flores de Dunsiname, de Manuel Lourenzo.

 

- Tradución
1. 
Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe), na versión de Isaac Xubín.
2. 
Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto.
3. Randea do alento (Herta Müller), de Marga do Val.

 


 Alén destas categorías, os Premios Aelg constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da Aelg: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano foi para a Fundación Penzol; e mais o Premio AELG 2011 “Escritor Galego Universal”, outorgado pola Asemblea ao escritor Antonio Gamoneda, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.

 Vexa aquí o discurso da presidencia da AELG