Do 14 de outubro de 2005 ao 16 de outubro de 2005
O Simposio Internacional Letras na Raia, organizado pola AELG, celebrouse entre os días 14, 15 e 16 de outubro entre a localidade galega de Goián e a veciña portuguesa de Vilanova da Cerveira. O obxectivo desta actividade foi o de materializar o convivio sempre presente entre as letras de alén e de aquén Miño.