novidades

15/6/2007
Esta ruta literaria, froito da colaboración entre a a A.C. Ergueitos e a AELG, inicia o proxecto de rutas literarias deseñado pola AELG.
31/5/2007
A A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, organiza este certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de Teatro, Artes Plásticas, Moda, Música, Relato, Poesía, Audiovisual, Banda Deseñada, Grafitti, Carteis, Artes do Movemento e Composición para Banda de Música. Conta co asesoramento da Aelg na organización das modalidades de poesía, narrativa e teatro no GZCREA e en todas aquelas actividades que teñan a ver co reforzamento da escrita en lingua galega na mocidade.
7/5/2007
Na Asemblea Xeral Ordinaria do 20 de xaneiro acordouse conceder o galardón "Escritor Galego Universal" ao autor angolano Pepetela, que veu ao noso país no mes de maio recoller o premio na tradicional Cea das Letras da Aelg. Impartiu así mesmo varias conferencias por todo o país.
7/5/2007
Na Asemblea Xeral Ordinaria do 20 de xaneiro acordouse conceder o galardón da Aelg "Letra E" a toda unha traxectoria ao escritor do Valadouro.
23/4/2007
Na Asemblea Xeral Ordinaria do 20 de xaneiro acordouse conceder o galardón da Premio Aelg para Institucións á traxectoria de máis de 16 anos do programa "Diario Cultural", na Radio Galega.
12/4/2007
Cea de entrega do II Premio Manuel Maria á Dignidade Nacional, que terá lugar no Hotel Los Abetos (S. Lázaro s/n), o día 21 de abril ás 22.00. Os teléfonos de contacto son: 982 242 682 e 981 576 800.
21/2/2007
Manifesto de apoio a Dionisio Pereira

Páxinas

...
51