Conferencia de Elena Poniatowska, Escritora Galega Universal
30/4/2009
O mércores, 6 de maio, ás 19.30, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela. Este é o acto central da visita da escritora ao noso país co gallo de recoller o Premio da Aelg "Escritora Galega Universal".

Elena Poniatowska impartirá unha conferencia con título "La literatura que viene de la calle", no acto no que se lle entregará a escultura que a acredita como nova "Escritora Galega Universal" da Asociación de Escritores en Lingua Galega. A entrega estará precedida dunha Laudatio elaborada polo escritor Manuel Rivas.

Este galardón premia na escritora a combinación da excelencia literaria co compromiso ético que a ten convertido en referente para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana do seu país.