Case corenta títulos son os finalistas dos premios Follas Novas do Libro Galego, uns galardóns que estrean denominación nesta sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro e que repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.
Os premios Follas Novas do Libro Galego tiveron a súa resolución nunha gala que se celebrou o sábado 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a partir das 19:00 h. Foi presencial pero non terá público debido as restricións de aforo. Os premios foron emitidos desde a canle de YouTube dos premios Follas Novas e tivo como presentador a Quico Cadaval. Tamén participaron na cerimonia o Cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago.
Ademais das categorías 15 categorías nas que se premian os mellores títulos e autoría da produción editorial de 2020, os Follas Novas tamén recoñecen os premios honoríficos de cada unha das tres asociacións organizadoras. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega honrou ao escritor angolano José Luandino Vieira, a Federación de Librerías de Galicia recoñeceu o traballo do libreiro Manuel Arenas, da libraría Arenas da Coruña; e a Asociación de Editoras de Galicia rendeu tributo ao desaparecido Xulio Amigo, director comercial da Editorial Galaxia.
Para ver a emisión da gala só tedes que premer nesta ligazón.
A elección dos títulos e autores que forman parte do listado de finalistas pechou a primeira parte dun proceso de selección no que as asociacións organizadoras, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia achegaron as súas respectivas candidatas en cada un dos apartados dos premios. Unha vez elaborada a listaxe definitiva de finalistas, un xurado deliberou e decidiu quen son as gañadoras e gañadores en cada unha das categorías. Os premios Follas Novas do Libro Galego contaron co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, Centro Español de Dereitos Reprográficos, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia.
Nunha cerimonia que recuperou a presencialidade dos finalistas e retransmitida para o público, entregáronse os premios Follas Novas do Libro Galego, uns premios que acadaron este ano a sexta edición na que estrearon nova denominación. A gala foi conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Os premios están organizados pola Federación de Librarías de Galicia, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editoras. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).
Na súa intervención, o novo presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domíguez, falando en representación das tres entidades organizadoras, explicou algunhas das circunstancias nas que vive o mundo do libro en xeral e os premios en particular desde o inicio da pandemia. Domínguez sinalou que a crise sanitaria "ten afectado sensiblemente a tódalas actividades vencelladas a cultura, limitando e mesmo cancelando innumerables eventos nos últimos tempos. Por iso, este ano estamos felices por contar hoxe coa presenta física dos finalistas en cada una das 15 categorías, que representan a excelencia das notas letras". Engadiu o presidente que o mundo do libro "é un ecosistema complexo. Un dos seus principais valores é a diversidade. Galicia conta con un tecido libreiro de calidade, grandes librerías e excelentes profesionais. O noso compromiso co libro, demóstrase nun dato revelador, temos a maior densidade de librerías por habitante de todo o territorio nacional. Pero este realidade non sería posible sen a enorme aportación que tanto autores como editores pon o noso dispor".
Para rematar, Ramón Domínguez reclamou do goberno galego a "definición na súa integridade da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, aprobada hai xa preto de quince años. Consideramos esta ferramenta lexislativa, un elemento que de certeza contribuirá o equilibrio na cadea de valor do libro, por outra parte tan necesario nos momentos actuais".
Listaxe de gañadoras
Ensaio e Investigación
– Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco.
Por ser un traballo de recuperación, de posta en valor do traballo das mulleres e a súa aportación achega a historia de Galicia e da aportación que realizaron á defensa da liberdade.
Divulgación
– Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño.
Pola relevancia e necesidade da divulgación da ciencia en galego, polo achegamento dos argumentos científicos a un público xeral dun xeito, didáctico, claro e preciso.
Narrativa
– Un señor elegante (Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro.
Un traballo de reconstrución da memoria galega dunha parte do século XX que utiliza a de maneira innovadora a combinación de voces narradoras distintas para facer avanzar o xénero biográfico.
Infantil
– Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro.
Polo discurso lírico envolvente, a suxestiva creación de imaxes, o xogo de imaxinarios e traballando sobre un argumento mantendo a atención e o respecto sobre el.
Xuvenil
– O mal querer (Baía Edicións), Natalia Carou.
Unha novela que achega actualidade á literatura, contada de xeito áxil, con argumentos tomados da realidade para aproximala a unha franxa de idade na que é preciso abrir debates.
Libro ilustrado
– Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita Gutiérrez (ilus.).
Un libro para achegar anacos extraordinarios e pouco coñecidos da historia de Galicia dun xeito moi atractivo e con espírito divulgador para todos os públicos e cunha ilustración rica, variada e moi elegante
Banda Deseñada
– O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia), Berta Dávila e Pablo Prado. Un traballo maduro para un autor novo, no que utiliza recursos moi diversos da narrativa gráfica e con moitos xogos cromáticos.
Iniciativa Bibliográfica
– A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
Pola novidade que supón achegar a memoria histórica á infancia, recuperando referentes perdidos e por medio de relatos construídos dende o cotián, nos que os protagonistas son rapaces e rapazas.
Tradución
– A nosa Negra (Hugin e Munin), Harriet E. Wilson, traducido por María Reimóndez.
Achega á lingua galega un libro fundamental da revisión histórica a través da literatura, introducindo a historia contada desde as persoas subalternas.
Poesía
– A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní.
Un libro que ofrece unha grande cantidade de lecturas e que, entre outras, pode lerse como unha reacción contra a sociedade do espectáculo. Mantendo a tensión entre a tradición e a modernidade poética.
Teatro
– Só un home bo (Edicións Positivas), Raúl Dans.
Unha obra dura, contada dun xeito trepidante, na que se aprecia o coñecemento do teatro do autor e das maneiras de contar unha historia desde a escena.
Libro mellor editado
– Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
Unha edición case artesanal na que todas as pezas da edición encaixan para conseguir un volume con identidade única. Que une con exquisitez voz da poesía e as imaxes. Combinando literatura infantil con arte contemporánea.
Iniciativa fomento da lectura
– Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra.
Unha iniciativa con máis de vinte anos de existencia, que foi evolucionando para adaptarse aos tempos sen perder os seus obxectivos: o fomento da lectura, levar á mocidade a un espazo de libros e chegar a internacionalizacións do evento.
Proxecto literario en rede
– Galicia Encantada, coordinador: Antonio Reigosa.
Un proxecto cunha traxectoria sostida durante moitos anos con recursos limitado pero que fornece de material dos imaxinarios galegos a toda a sociedad, ofrecendo divulgación e información.
Xornalismo Cultural
– Montse Dopico.
Por un traballo exhaustivo e profundo arredor do mundo cultural, polo rigor con que trata os argumentos e pola profundidade das súas entrevistas.
FINALISTAS
PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2020
Ensaio e investigación
– Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco.
– Nós xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGTBIQ na Galiza (Através Editora), VV. AA. Daniel Amarelo (coord.).
– Zona a Defender (Edicións Xerais de Galicia), Manuel Rivas.
Divulgación
– Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), Henrique Alvarellos.
– Guía definitiva dos peixes da Galiza (Soriaourensana de Libros), Pancho Lapeña e Nacho Munilla.
– Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño.
Narrativa
– Entre donas (Baía Edicións), varias autoras.
– Para toda a vida (Aira Editorial), Eva Moreda.
– Un señor elegante (Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro.
Infantil
– Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro.
– Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
– O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.
Xuvenil
– A nena do vestido de flores (Aira Editorial), Manuel Fontemoura.
– O mal querer (Baía Edicións), Natalia Carou.
– O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.
Libro ilustrado
– A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
– Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita Gutiérrez (ilus.).
– Extra! (Kalandraka Editora), Paco Nogueiras e Marc Taeger (ilus.).
Banda deseñada
– O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia), Berta Dávila e Pablo Prado.
– Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), Xosé Alfeirán e Xosé Tomás.
Iniciativa bibliográfica
– A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
– Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Cerne), Domingo Fontán.
– Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia), Miguel Anxo Seixas Seoane.
Tradución
– A nosa Negra (Hugin e Munin), Harriet E. Wilson, traducido por María Reimóndez.
– Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por Miro Villar.
– Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa, Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez Martínez.
Poesía
– A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní.
– A ganancia e a perda (Kalandraka Editora), de Martín Veiga.
– Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado.
Teatro
– Melancoholemia (Kalandraka Editora), Antón Reixa.
– Só un home bo (Edicións Positivas), Raúl Dans.
Libro mellor editado
– Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
– O bolero de Ravel (Kalandraka Editora), José Antonio Abad e Federico Delicado (ilus.).
– O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.
PREMIOS A TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz.
– Poetas Di(n)versos.
– Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra.
Proxecto literario na rede
– Galicia Encantada, coordinador: Antonio Reigosa.
– Nee Barros. Canle de Youtube de promoción de libros en galego.
– O bosque dos cromosomas, de Olga Novo.
Xornalismo cultural
– Montse Dopico.
– Ramón Nicolás.
– Ramón Rozas.