Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987), é novelista e poeta.
Con O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia, 2014) obtivo, entre outros, o Premio da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción e, con Carrusel (Galaxia, 2019), o Premio de Novela Manuel García Barros e o Premio da Crítica española de narrativa, que lograra tamén, na modalidade de poesía, polo poemario Raíz da fenda (Xerais, 2013). En 2020 recibiu o Premio Repsol de Narrativa Breve pola novela Illa Decepción (Galaxia, 2020).
No 2022 viu a luz a novela Os seres queridos (Xerais, 2022), coa que acadou o Premio Xerais de Novela.
No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora da novela Un elefante na sala de estar (Xerais, 2022), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
[marzo, 2022]