SOCIA DE HONRA DA AELG. Letra E 2021 - Cee
Profesora de Lingua Galega e Literatura (actualmente prexubilada). Comezou a súa tarefa docente como mestra de E.X.B. no ano 1970 en Nemiña (Muxía). Logo fíxoo no Ézaro, Brens, Dumbría e Cee. Os últimos cursos no I.E.S. Agra de Raíces de Cee.
Outras actividades: Son numerosos os encontros que leva realizado cos/as seus/súas lectores/as por diferentes localidades de Galicia.
Impartiu varios cursos de Lingua Galega a docentes e a outros colectivos de adultos, así como obradoiros de Animación á Lectura dirixidos a profesores/as e a alumnos/as de diferentes idades. Tamén charlas e mesas redondas sobre Normalización Lingüística e outros relatorios sobre autores/as, festividades ...
Participou como relatora nas Xornadas de Formación a Profesores en Prácticas, de Secundaria, en decembro de 2008 en Cee, Carballo e A Coruña.
Foi durante anos correspondente de prensa no xornal La Voz de Galicia.
Foi tamén Vicepresidenta 1ª de Gálix.
Pregoeira das festas do Cristo. Fisterra.
Pregoeira das Feiras do Libro de Cee. 1990 e 2001.
Coordinadora da Semana co Libro, que se desenvolveu entre os días 18 e 23 do mes de novembro de 2002, no IES Agra de Raíces de Cee.
Pregoeira da Feira do libro de Carballo. (19 de agosto de 2004).
Pregoeira das Festas da Xunqueira de Cee. (13 de agosto de 2007).
Relatora na Mesa Redonda en Vilalba, co gallo do 3º aniversario da morte de Manuel María (setembro de 2007).
Texto sobre O Lobo, para a Exposición de Adega e outras asociacións (febreiro de 2008).
Pregoeira da Festa dos Pereiriños na Estrada. (21 de xuño de 2009).
Relatora na Mesa Redonda arredor da temática “A fráxil existencia na Literatura”, no programa Tendendo Redes, de Gálix (Santiago, 26 de novembro de 2009).
Conferencia para celebrar o Día das Letras Galegas no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, en Ourense (14 de maio de 2010).
Relatora co título “Homenaxe a Anisia Miranda” (Piloño, Vila de Cruces, 11 de xullo de 2010).
Nominada en dúas ocasións para a Medalla Fernando Blanco (a última no 2010).
Impartiu 2 cursos para docentes de Creación Literaria en Cee e en Carballo nos meses de xaneiro e febreiro de 2011.
Autora do poema Aperta para o libro-homenaxe a Lois Pereiro Vivir un soño repetido. 2011.
Autora do texto Sen data de caducidade para Redelibros. 2011.
Relatora na Feira do Libro de Boloña (Italia) co título De Galicia a Boloña coas nosas imaxes. Marzo de 2011.
Coordinadora da Homenaxe a Neira Vilas promovida por Gálix. (A Coruña, 1 de abril de 2011).
Relatora co título En clave de SOL co Rebollar. (Cee, 30 de xullo de 2011)
Autora dun texto para a Exposición “Formas de ver a Bóveda” (A Coruña, agosto de 2011)
Autora da Unidade Didáctica sobre o libro Amar e outros verbos de Ana Mª Fernández.
Autora da Unidade Didáctica sobre o libro Gatos e leóns de Xosé A. Neira Cruz.
Relatora co título Muller – Educación. Binomio fantástico nos actos de celebración do 125 aniversario da inauguración do Instituto “Fernando Blanco” de Cee. (Cee, 1 de outubro de 2011)
Relatora co título Muller – Literatura. Binomio fantástico, no programa Xoves Culturais do Concello de Riveira. (Riveira, 12 de abril de 2012)
Relatora co título Muller e emigración, difícil diagnóstico, na Fundación Fernando Blanco (Cee, 26 de outubro de 2013)
Realizou numerosas presentacións de libros doutros autores, como a de Costa do Solpor, do autor Xosé María Lema Suárez, en Vimianzo, no 2013.
Inauguración da Exposición fotográfica “Lires na memoria” (Lires, 15 de decembro de 2013)
Relatora co título Entrando no calendario. Día das Letras Galegas 2014, no Centro Cultural de O Raxó, Concello de Poio (Pontevedra) (17 de maio de 2014).
Participación coa lectura dun texto da súa obra BERTA, no acto organizado pola Asociación Buserana no Día contra a Violencia de Xénero, que tivo lugar en Cee o 25 de novembro de 2014.
Relatora na mesa redonda “Somos os Libros que soñamos: 25 anos da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil”, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Lugo, 17/12/2014.
Autora da Laudatio ao escritor Xoán Babarro na homenaxe que a Asociación Gálix lle fixo a este autor cando o nomeou Socio de Honra. A Coruña, 23 de xaneiro de 2015.
Conferencia impartida no Concello de Muxía, dentro do Programa Ler Conta Moito, coa conferencia Muller-Educación. Binomio fantástico. Muxía, 24 de outubro de 2015.
Conferencia sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Manuel María. Dices- Rois, 4 de maio de 2016.
Conferencia sobre Rosalía de Castro, dentro do Programa Ler Conta Moito. Porto do Son, 26 de abril de 2016.
Mesa Redonda en Santiago dirixida ao alumnado de Maxisterio para o fomento da lectura nos discentes. Santiago, 11 de novembro de 2017.
Presentación do libro Macedonia de Versos no Culturgal. Pontevedra, 2 de decembro de 2018.
Autora das Unidades Didácticas do libro Macedonia de versos colgadas na páxina web de Aira Editorial. 2018.
Conferenciante nos 24º Encontros Luso-Galaicos do Livro Infantil e Juvenil coa ponencia “Diálogos Interxeracionais na LIX”, Porto (Portugal 15/12/2018).
Inauguración da Exposición do Día da Muller “85 mulleres galegas e +”, no IES Alfredo Brañas de Carballo. Carballo, 7 de marzo de 2019.
Autora do texto “O meu confinamento”, publicado en La Voz de Galicia, no apartado “En Primeira persoa”, o 31/05/2020.
Autora da Guía Didáctica (Orientativa) para a lectura do libro Feminino singular, en plural, da súa autoría. (Outubro de 2020).
Conferencia maxistral para o peche do Obradoiro literario impartido por María Canosa, organizado pola AELG en Cee, co título “A Literatura como terapia persoal e social. Vivencias propias e alleas”. (Cee, 7/11/2020).
Ruta Literaria por Cee, cun paseo Literario pola vila, con dez paradas nas que leu textos e explicaba a razón da elección dese lugar. Organizada pola AELG e coa colaboración do Concello de Cee. (Cee, 26/12/2020).
PREMIOS
• 1982 e 1983: 3º premio da Agrupación Cultural O Facho polos seus contos "O Planeta Ceboleiro" e "Os habitantes de Nepecifonilandia".
• 1988: finalista no Premio Barco de Vapor coa obra ¿Andrómenas?
• 1996: finalista no Premio Merlín coa obra A aventura das cores.
• 1997: accésit Premio Lazarillo coa obra ¡A min que me importa!
• 1999: finalista no Premio Merlín coa obra Tita.
• 2002: Premio Lecturas “Galix” coa obra Quero que veñan meus pais.
• 2003: finalista no Premio Merlín coa obra Sara.
• 2007: Premio Novela por Entregas La Voz de Galicia coa obra Habitación 202.
• 2007: Finalista “Premio Frei Martín Sarmiento” coa obra A bruxiña da sorte.
• 2007: Finalista “Premio Pura e Dora Vázquez” coa obra Os poderes máxicos de Aitema.
• 2007: Premio de Poesía “Arume” coa obra Cantos da Rula.
• 2008: Premio “Frei Martín Sarmiento” coa obra Poemas para pintar.
• 2008: Premio “Pura e Dora Vázquez” da Deputación de Ourense coa obra Encontros ás agachadas.
• 2010: Finalista “Premio Frei Martín Sarmiento” coa obra Habitación 202.
• 2013: Finalista “Premio Frei Martín Sarmiento” coa obra Misterio resolto.
• 2014: Premio "Anduriña voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi pola obra A mentira é un tirizó (poesía).
• 2014: Finalista “Premio Frei Martín Sarmiento” coa obra Catuxa quere saber.
• 2019. Autora homenaxeada pola FANMA de Pontevedra.
• 2020: “Premio Frei Martín Sarmiento” coa obra Macedonia de versos.
OBRA LITERARIA
Obra publicada individualmente:
- Contos para a escola. 1981 Ed. Do Castro.
- Cousiñas para a escola. 1984 Ed Do Castro.
- Chuchamel. 1988 Ed. Do Castro.
- O noso Pepe. 1988 Ed. Do Castro.
- ¿Andrómenas? 1989 Ed. SM.
- A misteriosa montaña de Pena Negra. 1991 Ed. Magisterio-Casals.
- A vaca titiriteira. 1991 Ed. Bruño.
- O milagre de Carola 1992 Ed. Do Castro.
- A papoula era máxica 1994 Ed. Do Castro.
- A camioneta da media risa. 1995 Ed. Bruño.
- Marcelo non me toma o pelo. 1995 Ed. Sotelo Blanco.
- A disco ecoloxista. 1995 Ed. Do Cumio.
- A maxia da bóla metálica e outros contos. 1995 Ed. Do Cumio.
- O vestido de Cora. 1996 Ed. Sotelo Blanco.
- As loucas vacacións dunha formiga. 1996 Ed. Bruño.
- O aniversario de Ana. 1997 Obradoiro Santillana.
- A aventura das cores. 1998 Ed. Xerais de Galicia.
- A min que me importa! 1998 Ed. Bruño. Editado tamén en lingua castelá, catalá e valenciana.
- Querido Iván. 2000 Ed. Everest.
- Quero que veñan meus pais. 2000 Ed. Casals.
- A casa de cartón. 2000 Ed. Everest.
- Berta. 2001 Ed. Ir Indo.
- Estela a domadora de ras. 2002 Ir Indo.
- Boris. 2004 Ed. Galaxia.
- Sara. 2004 Ed. Casals.
- A bruxiña da sorte. 2005 Ed. Obradoiro Santillana.
- Boris e compañía. 2005 Ed. Galaxia.
- Tita. 2006. Ed. Everest.
- Poemas para pintar. 2006 Ed. Sotelo Blanco.
- Nano. 2008. Ed. Everest.
- Habitación 202. 2008. Ed. Everest.
- Cantos da rula. 2008. Edicións do Castro. (Poesía).
- Encontros ás agachadas. 2009. Deputación de Ourense.
- Coa carauta posta. 2009. Editorial Toxosoutos.
- Do A ao Z con Castelao. 2010. Editorial Everest.
- Os poderes máxicos de Aitema. 2010. Editorial Galaxia.
- Repetimos. Acción! 2010. Edicións Fervenza (Teatro).
- Luces, bicos e cores. 2011. Edicións Embora (Poesía).
- Misterio resolto. 2012. Editorial Everest.
- Catuxa quere saber. 2012. Editorial Everest.
- Xogo de máscaras. 2012. Editorial Toxosoutos.
- Quero que veñan meus pais. 2013 Edicións Embora.
- Cos ollos do avó. 2013. Edicións Embora.
- As noites de Xián. 2014. Edicións Xerais.
- Catuxa quere saber máis. 2014. Editorial Everest.
- O balcón do meu universo. 2014. Edicións Embora.
- Receita para facer dieta. 2015. Edicións Galebook.
- A pantufla de Celia. 2015. Hércules de Edicións.
- Será Correcto? 2016. Hércules de Edicións.
- DO RE MI Fantasía. 2016. Ediciones Bolanda.
- O medo é libre. 2017. Edicións Embora.
- Macedonia de versos. 2018. Aira Editorial.
- Oficios e profesión poemas son. 2020. Edicións Embora.
- Feminino singular, en plural. 2020. Baía Edicións.
Obra colectiva:
- 8 contos (Coautora). Ed. Xunta de Galicia 1989.
- A Coruña. Así a queremos! A Mesa pola Normalización Lingüística 1992.
- Diccionario de escritores en lingua galega. Edicións do Castro 1992.
- O trasno rebuldeiro (Coautora) 1997 Ed. Neria.
- Nós. (Coautora) 1997 Concello de Corcubión.
- Rumbo ás illas. (Coautora) 1997 Xunta de Galicia.
- Guía de autores. Asociación española de amigos del libro 1998.
- Deixade pois que voe o Paporroibo, que nos conte contos. (Coautora) 1999 Edic. O Paporroibo.
- Escritores da Costa da Morte. Asociación Neria 2000.
- Namorados da Costa da Morte. 2001. Asociación Neria 2001.
- Achegamento ao libro. Concello de Cee 2002.
- Catro contos para unha data. (Coautora) 2004 Xunta de Galicia.
- Contos de barcos, paxaros, infancias e pesadelos. (Coautora) 2004. Xunta de Galicia.
- Palabra de autor, palabra de autora. CRTVG 2005.
- Os habitantes da cabana. (coautora) 2007. Gálix
- A Coruña á luz das letras. 2008. Editorial Trifolium
- Lecturas de aquí e acolá.
- Ditos sobre o libro e a lectura. 2009. Concello da Coruña.
- O colar de Sabela. Lingua 5 Primaria. Editorial Obradoiro Santillana. 2009.
- Dicionario de Escritores e Escritoras da Costa da Morte. 2011. Deputación da Coruña. 2011.
- Textos Literarios sobre a Costa da Morte.
- O libro dos Reis Magos. 2012. Galaxia.
- A nave dos libros 2 Primaria (Poemas “As sardiñas” e “Profesións”). Edicións Obradoiro. 2011.
- Vivir un soño repetido, co poema “Aperta” no libro homenaxe a Lois Pereiro. 2011.
- O libro dos Reis Magos. 2012. Xunta de Galicia.
- Choven palabras no futuro. 2014. Xunta de Galicia. Gálix.
- Libro do mal amor. Xunta de Galicia 2015.
- Calendario 2017. Asociación Íntegro 2017.
- Costa da Morte: Territorio Literario. Pigmalión 2017.
- As mulleres como axentes literarias na LIX do século XXI. Xerais 2018.
- Isidro Novo (1951/2018). 2019.
- VII certame de Relato Curto FANPA de Pontevedra. Kalandraka Editora 2019.
- Soños de Cajamarca. 2020 Antela Editorial. (Título da colaboración: “O valor dos valores”).
Libros de texto e guías didácticas:
- Herdanza 5. (Coautora-coordinadora) Lingua Galega, 5º de Primaria. 1994 Ed. Bruño. Guía didáctica Herdanza 5.
- Herdanza 6 (Coautora-coordinadora Lingua Galega, 6º de Primaria Ed. Bruño. 1995. Guía Herdanza 6.
- Outeiro 6 (Coautora e asesora científica) Coñecemento do medio, 6º de Primaria. Ed. Bruño 1995. Guía Outeiro 6.
- Lingua Galega e Literatura 1º ESO (Coautora-coordinadora) Ed. Bruño. 1996. Guía didáctica.
- Lingua Galega e Literatura 2º ESO (Coautora-coordinadora) Ed. Bruño 1997. Guía didáctica.
- 3 Unidades Didácticas colgadas na web da AELG.
- Textos literarios (varios).
- Unidades Didácticas Macedonia de versos colgadas na web de Aira Editorial. 2018.
- Guía Didáctica Feminino Singular, en Plural. Baía Edicións, 2020.
Traducións:
- As tres xemelgas. Imaxinario. O meu primeiro dicionario de imaxes. Galego-Inglés. 2006. Ed. Bruño.
Obras traducidas ao castelán:
- ¡A mí qué me importa! 1999. Ed. Bruño.
- La vaca titiritera. 2009. Ed. Bruño.
- Juego de máscaras. 2012. Ed. Atlantis.
- La pantufla de Celia. 2015. Hércules de Edicións.
- ¿Será correcto?. 2016. Hércules de Edicións.
[Marzo, 2021]
No Concello de Cee hai unha aldea que se chama Lires. En Lires está a ría máis pequena de Galicia, que coa marea baixa desaparece; é unha ría con maxia. Antes da ría hai un cruceiro e preto do cruceiro está a miña casa onde nacín o 19 de xuño de 1950.
Segundo me contaron, tardei moito en saír da barriga de miña nai, retraso que a piques estivo de facerme coincidir nacer con morrer. D. Xoán, o médico que axudou no parto, deume un par de azoutas. Así que dende aquela aprendín a ser puntual nas miñas citas, co traballo, cos amigos, coas amigas.
Quérovos contar que a miña primeira anécdota xa ocorreu aquel día ao pé do leito naquela casa de Lires. Este doutor, amigo da familia, suxeriulles aos meus que me puxesen por nome Blanca, en vez de Concha. Blanca Blanco Blanco.
-¡¡Non!! -aseguraron os meus proxenitores por unanimidade.
Ata os dez anos vivín neste fermoso lugar.
Fun á escola pública na que compartía pupitre con meu curmán, e aula con tódolos nenos e nenas da aldea, grandes e pequenos. No pupitre, que se me facía un chisco grande, sempre tiña as pernas colgando. Aquí foi onde me fixen amiga dos libros, ata namorarme deles. El gato con botas foi o primeiro exemplar de contos de meu, agasallo de dona Amparo, unha das miñas primeiras profesoras que coñecía ben a afección que eu tiña pola lectura.
Logo fun a Ferrol cursa-lo bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Desta cidade teño gravadas fondas pegadas e trouxen comigo a amizade de Cheli, de Pili...
A carreira de Maxisterio curseina en Santiago de Compostela, cidade da que só dici-lo seu nome me comprace.
Logo residín en diferentes lugares da provincia da Coruña, por mor das escolas a onde fun destinada: Nemiña (Muxía), O Ézaro (Dumbría), Brens (Cee), Dumbría, "Eugenio López" (Cee). E agora aquí estou de novo en Cee, impartindo clases de Lingua Galega e Literatura ós alumnos e alumnas de 1° ciclo da ESO no I.E.S. "Agra de Raíces".
Amais de ler e escribir gústame o seguinte:
Desordenar e ordenar. Escoltar a radio desde a cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observar a natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar.
Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.
Literariamente amais dos títulos publicados podería salientar que fun accésit Lazarillo (1997), Premio Lecturas (2002), Finalista Barco de Vapor (1988) e Finalista tres veces (máis que salientar aquí caberia dicir "lamentar", 1996, 1999, 2003) no Premio Merlín e un bo posto entre os finalistas nunha ocasión no Premio Edebé.