Do 12 de xuño de 2021 ao 19 de xuño de 2021
Co apoio do Concello de Cee, CEDRO, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña
Foto da actividade

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Concha Blanco, que foi homenaxeada en Cee o 12 de xuño de 2021.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación do pradairo/acer (árbore simbólica elixida polo propia autora), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do seu nome a un espazo público.

No desenvolvemento desta actividade aplicáronse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

 

PROGRAMA DE ACTOS

 
11:15 h. Praza Concha Blanco (zona axardinada detrás do Mercado de Abastos de Cee)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do pradairo/acer (árbore simbólica da escritora), acompañados pola interpretación de varias pezas por parte da Banda de Música de Cee.
Interviñeron:
Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Concha Blanco.
 
12:15 h. Inauguración oficial da Praza Concha Blanco.
Interviñeron:
Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
Concha Blanco.
 
12:30 h. Casa da Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9)
Acto de entrega da “Letra E”

Interviñeron:

Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Laudatio da autora, por Pilar Sampedro.
Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
Intervención da homenaxeada, Concha Blanco: Resposta á laudatio.
 
 
 
14:30 h. Restaurante Hotel Oca Insua Costa da Morte, en Cee (Avenida de Fisterra, 82)
Xantar de confraternidade.

 

Poden descargarse aquí o programa, así como o anverso e o reverso do tríptico da homenaxe.

 

 

ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN

 

I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

1995 • Boa, Taramancos

 

II Edición: BERNARDINO GRAÑA

1996 • Cangas do Morrazo

 

III Edición: MANUEL MARÍA

1997 • Outeiro de Rei

 

IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

1998 • Vigo

 

V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS

1999 • Gres, Vila de Cruces

 

VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)

2000 • Parada do Courel

 

VII Edición: LUZ POZO GARZA

2001 • Ribadeo

 

VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO

2002 • Vilalba

 

IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO

2003 • Nogueira de Ramuín

 

X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

ZUNZUNEGUI

2004 • Teis, Vigo

 

XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ

2005 • Ourense

 

XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

2006 • Vigo

 

XIII Edición: MANUEL LOURENZO

2007 • O Valadouro

 

XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

2008 • Melide

 

XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

2009 • Vilalba

 

XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE

2010 • Santiago de Compostela

 

XVII Edición: PACO MARTÍN

2011 • Lugo

 

XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS

2012 • Ribadeo

 

XIX Edición: MARICA CAMPO

2013 • O Incio

 

XX Edición: XABIER P. DOCAMPO

2014 • Castro Ribeiras de Lea

 

XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO

2015 • Vilaboa

 

XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO

2016 • Rianxo

 

XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO

2017 • Lugo

 

XXIV Edición: NACHO TAIBO

2018 • Oleiros

 

XXV Edición: PILAR PALLARÉS

2019 • A Coruña

 

XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO

2020 • Santiago de Compostela