Do 6 de outubro de 2017 ao 7 de outubro de 2017
Co apoio do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega foi o título deste Congreso de Poesía organizado pola AELG, co que se pretendeu facer unha revisión da poesía galega nos últimos catro decenios, un exame da súa situación actual e do peso da poesía no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro.

 

Vexa aquí as conclusións.

Vexa aquí o libro de actas.

 

OBXECTIVOS

Fíxose un debate aberto sobre o estado actual e recente da poesía galega, unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria, mais que padece unha certa invisibilidade social no seu propio territorio, o que facía máis necesario que nunca un Congreso onde se debatan diversas perspectivas sobre ela, como un punto de encontro onde reflexionar serena e abertamente arredor das experiencias vinculadas ao feito poético.

 

 

 

 

PROGRAMA

 

VENRES 6 DE OUTUBRO

Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n. -como chegar-)

 

Tarde

- 16:00 Recepción dos/as congresistas.

 

- 16:15 Inauguración do Congreso, coa presenza do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a Concelleira de Cultura, Carme Fouces.

 

- 16:30 Mesa redonda (grupo de traballo) 1. Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016.

Coordinadora: Marta Dacosta.

Relatoras: Helena Villar, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño.

 

- 18:30 Mesa redonda (grupo de traballo) 2. Teatro e outras formas de comunicación do poético (oralidade, popular, etc.).

Coordinador: Afonso Becerra.

Relatoras/es: Miguel Sande, Antonio Reigosa e Silvia Penas.

 

Espazo Multidisciplinar Nemonon (Rúa Marqués de Riestra, 11, 1º -como chegar-).

- 21:15 Recital de poesía e música, coa participación de: Rosalía Fernández Rial, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, María do Cebreiro, Baldo Ramos, Ana Romaní, Daniel Salgado, Susana Sánchez Arins, Dores Tembrás e Vítor Vaqueiro, xunto á música ao vivo de César Morán. Presentado por Lucía Novas.

 

SÁBADO 7 DE OUTUBRO

Pazo da Cultura de Pontevedra

 

Mañá

- 10:30 Mesa redonda (grupo de traballo) 3. Interaccións poéticas: ensino, lingua, ciencia.

Coordinadora: Mercedes Queixas.

Relatoras/es: Ramón Caride, Ramón Nicolás e Estíbaliz Espinosa.

 

- 12:30 Mesa redonda (grupo de traballo) 4. Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos.

Coordinador: Ramiro Torres.

Relatoras/es: María Reimóndez, Raúl Gómez Pato, Tiago Alves Costa (Lusofonia).

 

Tarde

- 16:30 Mesa redonda (grupo de traballo) 5. 40 anos de poesía aos ollos da crítica

Coordinadora: Chus Nogueira.

Relatoras/es: Vicente Araguas, Teresa Seara e Mario Regueira.

 

- 18:30 Mesa redonda (grupo de traballo) 6. Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades.

Coordinador: Carlos Negro.

Relatoras/es: Fran Alonso, Antía Otero e Celia Parra Díaz.