Lucía
Novas

Nace en 1979 en Bueu, no Morrazo. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, exerce de docente de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Autora dos libros Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001), que recibiu o Premio de Poesía Concello de Carral, e Neve (Espiral Maior, 2010), Premio de Poesía Johán Carballeira, poemas da súa autoría aparecen recollidos nas antoloxías Novas de poesía. 17 poetas, Poetízate. Antoloxía da poesía galega., Das sonorosas cordas. 20 poetas dende Galicia e Erato. Bajo la piel del deseo, así como en diversos volumes colectivos e publicacións, das que son mostra Grial, Dorna ou Escrita Contemporánea. Recibiu os premios Minerva, Universidade de Vigo, Faustino Rey Romero, Concello de Carral e Johán Carballeira, e participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta da Universidade de Salamanca, nas xornadas de Poesía Última da Fundación Alberti e no V Encontro de Novos/as Escritores/as da AELG.

[Marzo, 2017]