Do 6 de outubro de 2017 ao 7 de outubro de 2017
Co apoio do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía que a AELG está a preparar, co obxectivo de facer unha revisión da produción poética dos últimos 40 anos.

 

O Congreso, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra nos 6 e 7 de outubro, estará formado por 6 mesas redondas, abertas á interacción co público asistente:

Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016. Coordinadora: Marta Dacosta.

- Teatro e outras formas de comunicación do poético. Coordinador: Afonso Becerra.

- Interaccións poéticas: ensino, lingua, ciencia. Coordinadora: Mercedes Queixas.

- Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Coordinador: Ramiro Torres.

40 anos de poesía aos ollos da crítica. Coordinadora: Chus Nogueira.

Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Coordinador: Carlos Negro.

 

Adicionalmente, terá lugar tamén un recital interxeracional e proxeccións audiovisuais.