XOÁN NEIRA (Meilán - Lugo, 1953)
Mestre en Viveiro, onde vive desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" co que participa en publicacións colectivas e outras actividades.
Colaborador das páxinas de El Progreso-A Mariña.
Publica poemas en revistas: Guieiros, Lúa Nova, Saudade, A Xanela, A Casa da Gramática e Xistral entre outras e en libros colectivos: Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, Alma de beiramar, Negra Sombra contra a marea negra, A Coruña á luz das letras,Homenaxe poético ao trobador Xohán de Requeixo, Escrita contemporánea. Homenaxe a Anxel Casal, Escrita contemporánea. Uxío Novoneyra. A emoción da terra, Manuel María. A.C. Xermolos, Poetas en Lugo...
Premiado en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e nos de xornalismo Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.
É autor dos libros de poemas: Memoria e soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes, en colaboración co artista plástico Otero Regal.
En poesía infantil é coautor do poemario musicado Recreos (1997) e autor de Xiz de cor (2004), Farrapos de nube (2007), No cubil da lúa (2009), Un niño no xardín (2012), Chafarís (2017), Gaiola aberta (2018), Calendario poético (2022) e Máxica Lúa (2023).
[Xaneiro, 2024]