Ricardo Seixo Fernández (A Coruña-Curtis, 1950).
Case corenta anos exercendo de mestre e hoxe xubilado.
Ten unha forte vinculación coa música tradicional, sendo parte de diferentes grupos: Verbas Xeitosas, Orquestra Tombalobos e Parabéns. Hoxe no grupo Maraxe, coas súas fillas, Sonia e Noa.
Colaboracións musicais:
Gravación do LP Abolición, contra a pena de morte.
Gravación do duplo LP de música infantil Os soños na gaiola, con textos do poemario de Manuel María do mesmo nome.
Publicacións en libro:
1. Ollares... no fondo da retina... e na paisaxe dos afectos (2016). Portada, ilustracións, deseño e maquetación: Abraham Vila.
2. Versos noctámbulos (2018). Prólogo: Xosé Manuel Sánchez Rei. Ilustracións (fotos): Manolo Graña.
3. Na república da intimidade (2019). Limiar: Carlos Callón. Portada, ilustracións, deseño e maquetación: Abraham Vila.
4. Sinais (2021). Prólogo: Xosé Luís Axeitos. Ilustracións (fotos): Enrique Sotillo.
5. Coa luz negada (2021). Limiar: Mercedes Queixas Zas. Ilustracións (fotos): Natasha San Vicente Pellicer.
[Abril de 2022]