Paloma
Calvo Varela

Nacida na Coruña en 1986, vén de publicar o seu primeiro libro A Vinganza da Mantis, en Espiral Maior.

[2007]

Paloma Calvo Varela é unha narradora e poetisa galega nada o 23 de febreiro de 1986 n'A Coruña. Pasa os primeiros anos e a mocidade en Arteixo, a súa localidade natal, onde axiña descobre a súa vocación pola literatura a través dos pequenos certames que se organizan nos centros escolares do concello. Será na época do bacharelato, onde se orienta pola rama científico-tecnolóxica, cando esa inquedanza cobrará máis forza e cando recibirá a meirande parte dos seus premios literarios ata o momento, entre os que destacan os seguintes:

- Murguía Xuvenil 2003, Arteixo.

- I Premio Xesús Alonso Montero, Ribadavia. Curso 2002-2003. Modalidade narrativa.

- I premio Certamen Literario de Barbadás, Ourense. Ano 2003.

- I premio de poesía XX Certamen Literario María Soliño, Cangas. Ano 2004.

- I premio de poesía Concello de Cambre. Ano 2004.

- I Premio Xesús Alonso Montero, Ribadavia. Curso 2003-2004. Modalidade narrativa.

- I premio de poesía "Concello de Cambre". Ano 2005 (xa no primeiro ano de carreira)

No momento de entrar na universidade, decántase por comezar Enxeñería Informática, estudos que un ano despois trocará por Xornalismo, a súa actual ocupación. Dende 2003 é colaboradora habitual en prensa local, sempre con artigos de opinión.

En maio de 2007, e da man da editorial Espiral Maior, ve a luz o seu primeiro libro de relato curto, A vinganza da Mantis.

[Outubro, 2008]