José Manuel
Ledo Santiso

Chegou a Galiza coa súa familia aos sete anos da man do seu pai, David Ledo Fontela, que era mestre. Viven nas Neves (Pontedeume), Melide, Toques, Muros e Chantada.

Pertence á xeración dos Novissimos nada no Instituto de Chantada, onde un grupo de 11 mozos da localidade participan en diversas exposicións de pintura, da man do seu profesor de debuxo Xose Artiaga. Realizou exposicións conxuntas na Casa da Parra (Santiago Compostela), Sala Durán Loriga (A Coruña), Sala da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Vigo.

Diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía.

E autor dos seguintes libros en lingua galega:

- O Neno do Século XXI, Tórculo Edicions, 1997

- Diálogos sobre Educacion, Tórculo Edicions, 1999

- As Pontes do Ego Sum, Ir Indo Edicions, 2012

En Castelán:

- Los Puentes del Ego Sum, Redelibros, 2014

Concursos e Premios.

- Finalista no III Certamen de Relatos Curtos Microcatrorelatos 2016

- 3º Premio no Concurso de Relatos Cortos sobre el Camino de Santiago "Mozárabe Sanabrés" 2016

[Xaneiro, 2017]