Carme
Fernández Pérez-Sanjulián

Carme Fernández Pérez-Sanjulián (A Coruña, 1963)

É doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de Lingua e Literatura galegas.

Foi profesora agregada de Bacharelato (desde o ano 1987), se ben, entre os anos 1990 e 1993, impartiu aulas na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, exerce como profesora do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

Autora de numerosas publicacións sobre literatura galega e portuguesa, pódese subliñar a súa participación na Historia da Literatura Galega (A Nosa Terra/AS-PG, 1996) e a edición dunha parte dos relatos de Otero e mais da súa novela O mesón dos ermos. En 2003 publicou A construcción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo (A Nosa Terra) que foi galardoado co Premio Sempre en Galiza 2002.

Canto á literatura portuguesa, publicou en 2003 a edición crítica da peza Fígados de Tigre de Francisco Gomes de Amorim (Arquivo Teatral Francisco Pillado/Universidade da Coruña).

O seu último libro, en colaboración con Ángeles Saavedra Places, foi Bibliotecas Dixitais (Laiovento, 2005).