Alfonso Pexegueiro (19-4-1948 Angoares-Ponteareas, Pontevedra), iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 coa creación do Grupo de Comunicación Poética "Rompente". Entre 1976 e 1978 traballou na redacción da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundador en 1980 xunto con outros escritores da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, foi o seu secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, Encontros de Escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. E colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.
En 1997 participou no Festival Internacional do Teatro Grec de Barcelona con Blasfemias de silencio: unha antoloxía de poemas levados á escena e recitados pola actriz Lina Lambert mais polo autor, acompañados pola arpista da Orquestra Sinfónica de Barcelona Magdalena Barrera, con dirección de Teresa Vilardell.
En 2005 edita un CD sobre A illa das mulleres loucas (que acompaña ao libro editado por Galaxia), con música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa).
--------
OBRA PUBLICADA
- [1997] Seraogna. Rompente. Pontevedra, 1976. Xerais. Vigo
- [1978] Mar e naufraxio. Cíes. Pontevedra. Premio da Crítica Galicia 1978.
- [1979] Círculos de auga. Madrid. Akal.
- [1981] Relatos para salferir. Xerais. Vigo. Llibres del Mall, 1985, co título El Desert de Nabalpam. Co mesmo título, Espiral Maior, 2003.
- [1983] O pabellón das hortensias azuis. Edición de autor. Vigo.
- [2004] A illa das mulleres loucas. Barcelona: Llibres del Mall,edición bilingüe catalán-galego, 1984, e castelán-galego, 1986. (Beca do Ministerio de Cultura, 1981). Galaxia; esta edición leva un CD, música de Anxo Pintos (Zanfona) e Quico Comesaña (arpa).
- [1988] Fantasía (extracto) del jefe de los lagartos. Carpeta en serigrafía co pintor José Freixanes. Barcelona.
- [1991] Desatinos dun maldito. Xerais. Vigo.
- [1994] El lago de las garzas azules. Lumen. Barcelona.
- [1995] ¿Serán os cisnes que volven? . Xerais. Vigo.
- [1998] Hipatia. Vigo. Xerais.
- [2000] Blasfemias de silencio (inclúe: Círculos de auga, 1979; Mar e naufraxio, 1978; O pabellón das hortensias azuis, 1983; ¿Serán los cisnes que vuelven?, 1995; O reiseñor dos Balcáns, 1999). Xerais.
- [2004] Dados blancos. Caballo de Troya. Mondadori. Madrid.
- [2005] O lago das garzas azuis (Conto de Europa, Nenos de África). Xerais. Vigo. Este libro vai ilustrado con debuxos do pintor Xosé Freixanes.