Do 21 de novembro de 2019 ao 22 de novembro de 2019
A AELG colabora neste curso coa Universidade de Santiago ao abeiro do convenio coa Secretaría xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

Estas xornadas, que xa van pola súa décimosexta edición, ofrecéronse para axudar o futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora. A temática elixida foi a do camiño, entendido este cunha visión ampla que recolle as viaxes, a deriva interior iniciática, os camiños de peregrinación etc., pois considérase que, ademais de axudar ao coñecemento do obxecto principal de análise, a Literatura Infantil e Xuvenil, axuda a poñer en valor o patrimonio cultural e identitario galego.

Carga docente:
12 horas (2 horas serán non presenciais para tarefas relacionadas cos obradoiros)

Datas e lugar de realización:
Día 21 de novembro. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
(Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)
Día 22 de novembro. Biblioteca Afundación
(Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)

 

Programa:

Xoves 21 de novembro
Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa de San Roque, 2, Santiago de Compostela)

16,00-16,15 Recollida do material
16,15-16,30 Inauguración: Secretario Xeral de Política Lingüística, secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e directoras das xornadas
16,30-17,15 Os camiños na Literatura Infantil e Xuvenil. Ánxela Gracián (CRPIH/USC) Presenta: Carmen Ferreira (UdC/CRPIH)
17,15-17,45 Presentación de libros da LIX. Presenta Blanca-Ana Roig Rechou (CRPIH/USC)
17,45-18,00 Descanso
18,00-19,00 O camiño desde a literatura oral á LIX: aproveitamento didáctico para o ensino. Carmen Ferreira (CRPIH-UdC) Presenta: Verónica Pousada Pardo (Universidade de Vigo/LITER21-USC)
19,00-21,00 Taller de ilustración. Kenya Pineda e Raquel Senra (ICE/USC- CRPIH). Presenta: Carmen Franco (USC-CRPIH)


Venres 22 de novembro
Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)

16,00 -17,15 Conversa coa escritora María Canosa. Presenta: Marta Neira (USC/CRPIH)
17,15-18,00 Participación do ilustrador David Pintor. Presenta: Mar Fernández (UVigo/LITER21-USC)
18,00-18,45 “Sentindo en feminino: A tradición oral e o texto lírico na Educación Infantil”. Proxecto do CEIP López Ferreiro. Conversa na que participan Rosa Suárez Veiga e Fátima Rodríguez Eiroa, mestras de Educación Infantil no CEIP López Ferreiro e a escritora Helena Villar Janeiro. Presenta: Cristina Trigo (ICE/USC)
18,45-19,00 Descanso
19,00-20,30 Taller “Historias que crean camiños”. Partindo da imaxinación e creación de historias por parte dos participantes, identificaranse algunhas ferramentas que favorezan a realización de experiencias significativas empregando a literatura nas aulas de infantil e primaria. María Rivera, investigadora do CONACYT (México). Presenta: Olalla Cortizas
20,30-21,00 Clausura: director da Biblioteca Afundación e directoras das xornadas. Entrega de certificacións.


Información:
Universidade de Santiago de Compostela
Instituto de Ciencias da Educación (ICE) Telf. 881814470/881814475/881814478 icesecretaria@usc.es / Marta Neira Rodríguez  marta.neira@usc.es
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) oficina@aelg.org
Biblioteca Afundación biblio.santiago@afundacion.org / Telf. 981 59 34 67

Directoras
Carmen Franco Vázquez e Marta Neira Rodríguez. ICE. Facultade Ciencias da Educación (USC) /Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Coordinación e Secretaría
Carmen Ferreira Boo. Universidade da Coruña/ LIJMI/ ELOS/ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en
Humanidades
Cristina Trigo Martínez. ICE. Facultade Ciencias da Educación (USC)

Convocaron:

Universidade de Santiago de Compostela (USC). Instituto de Ciencias da Educación (ICE). Grupo de Investigación LITER21
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega