Marta
Neira Rodríguez

Marta Neira Rodríguez é licenciada en Fíloloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira de investigación do proxecto "Dicionario de Literatura", dirixido polo profesor Anxo Tarrío Varela no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Ademais de seguir colaborando neste proxecto, participa como redactora no denominado "Informes de Literatura" do mesmo Centro de Investigación. Así mesmo, foi bolseira predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente está a realizar a súa tese de doutorarnento baixo a dirección da profesora Blanca-Ana Roig Rechou. Ten participado en diversas publicacións e congresos con traballos sobre Literatura e Literatura Infantil e Xuvenil galega.

[Xullo, 2009]