María del Carmen
Ferreira Boo

Mª del Carmen Ferreira Boo é licenciada en Filoloxía Hispánica, diplomada en Criminoloxía e obtivo o DEA no ano 2010 no programa de douloramento "Literatura e construción da identidade na Galiza" do departamento de Filoloxía Galega da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Dende marzo de 2009, conta cunha bolsa de colaboración no proxecto de investigación "Bibliografía da literatura galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, ademais de colaborar como redactora, dende o ano 2008, no proxecto "Informes de Literatura", dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou. É investigadora colaboradora da rede temática de investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) e membro da Asociación ELOS (Asociación galego-portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil), sección da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Participou en cursos, encontros, congresos e xornadas nacionais e internacionais como asistente e participante con comunicacións e obradoiros. É autora de artigos, estudos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega en diferentes publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, ANILIJ, Malasartes, Moenia e na actualidade tamén colabora en El Correo Gallego na páxina dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil Galega dos martes.

[Abril, 2017]