Mª del Carmen Ferreira Boo é doutora en Filoloxía e diplomada en Criminoloxía. Actualmente traballa como axudante doutora na área de "Didáctica da lingua e literatura" na Universidade da Coruña. Colabora nos proxectos de investigacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: "Informes de Literatura" e "Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil", dirixidos por Blanca-Ana Roig Rechou. É membro do personal científico do ICE-USC, colaboradora da rede temática de investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) e membro da Asociación ELOS (Asociación galego-portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil), sección da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Participa en cursos, encontros, congresos e xornadas nacionais e internacionais con comunicacións e obradoiros. É autora de artigos, estudos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega en monografías colectivas e en diferentes publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, ANILIJ, Malasartes, ELOS, Revista Galega de Educación, Moenia. Tamén colabora en El Correo Gallego na páxina quincenal dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil Galega. É autora de As reescrituras de contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega (das orixes a 2010) (Hércules, 2022) e coautora de Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega (Xerais, 2015).
[Decembro, 2022]