Do 22 de outubro de 2026 ao 3 de novembro de 2026
A AELG colabora con esta actividade da Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.

Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

Terán lugar estes tres encontros:

- Lugo. O 22 de outubro, na Aula 29 da Facultade de Formación do Profesorado (Campus Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Rocío García-Pedreira.

- Santiago. O 2 de novembro, na Aula 12 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia A literatura infantoxuvenil galega e as aulas. A escrita de Xosé Neira Vilas, por Armando Requeixo, presentado por Carmen Ferreira Boo.

- Santiago. O 3 de novembro, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Marta Neira Rodríguez.

Nos tres casos, a entrada será libre até completar a capacidade.