Xosé Ricardo
Losada Vicente

X. Ricardo Losada naceu en Rianxo en 1961. É profesor de filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo. Socio fundador e secretario da Asociación Cultural Barbantia. Colabora en varias revistas culturais como Alameda ou Casa da Gramática. Publicou algún artigo en A Trabe de Ouro. Colabora regularmente no suplemento cultural mensual A Voz de Barbantia que publica La Voz de Galicia na súa edición de Barbanza e no blog Café Barbantia. Publicou o libro de relatos filosóficos O xene da chuvia (Edicións do Castro, 2005) e varios relatos en libros colectivos como Luces da cidade,Voces na guerra ou Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda. Publicou as biografías Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (Edicións Xerais, 2015) e Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego (Ed. Galaxia, 2018). A súa primeira novela foi Bótame deste mar fóra (Toxosoutos, 2017). Coa segunda, A casa xunto ao volcán (Ed. Galaxia) gañou o premio Viadutos 2019, e coa terceira, O rosario e a buguina (Editorial Galaxia), o premio Torrente Ballester 2020. Con anterioridade gañou o III Concurso de Contos do Liceo de Noia (2006). Tamén publicou como editor literario, a petición do Concello de Rianxo, Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e Faustino Rey Romero. Obra poética e teolóxica (2013).

[Xaneiro, 2022]