Naceu o día 6 de xuño de 1951 na parroquia de Santa María de Outeiro ou Ponte de Outeiro, no barrio da Ponte, na casa de Enrique da Barrosa, Elena de Enrique ou do "Reino" o mesmo día que se abre unha tenda de ultramarinos na Ponte, a de Lousada.
Estudou o bacharelato no Instituto Masculino de Enseñanza Media de Lugo, hoxe IES Lucus Augusti. Rematou Maxisterio en 1967. Facéndose Mestre de Primeiro Ensino con tan só 16 anos. Prepara as oposicións durante o ano académico 1968-1969 pero non se convocan. De aí que se decida a continuar os seus estudos na Universidade de Santiago. Licenciado en Filosofía e Letras, na Sección de Filoloxía Románica, Subsección de Español (1970-1975) na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela.
Exerce como profesor na academia Lope de Vega de Lugo e no Colexio Fingoi (Lugo) nos anos 1977-1979, colexio cun marcado carácter investigador no que imparte cursos de verán. Aproba a oposición a Profesores de Instituto no ano 1979, exercendo despois en diversos centros, nalgún deles desempeñará cargos directivos como o Instituto de F.P. de Guitiriz, trasladándose posteriormente para o Instituto Muralla Romana de Lugo. Profesor Colaborador do Instituto de Ciencias da Educación (I.C.E.) da Universidade de Santiago, Profesor Relator no Centro de Formación Continuada do Profesorado en Lugo con ponencias relativas á Reforma do Ensino Secundario. Profesor de Ensino Secundario na materia de Lingua Castelá e Literatura no I.E.S. "Lucus Augusti" de Lugo, centro no que estudara de pequeno. Catedrático de Lingua Castelá e Literatura no mesmo Instituto. Hoxe está xubilado.
[Abril, 2018]