Nacín no 1961 en Guísamo.
Dende 1990 exerzo como profesor de Secundaria.
Escribo e xogo con cachos de papel e cola dende...
As consecuencias: a publicación de varios libros de poesía e algunha exposición de colaxes.
- A tensa calma da catapulta, 2003.
- Nadja c'est moi (X Premio Concello de Carral), 2007.
- Amebas (Accésit do XXVII Premio Esquío de Poesía), 2008.
- Das árbores tropicais e do amor (XX Premio Concello de Carral), 2017.
- A traxedia da arquitectura (IV Premio Xosé María Díaz Castro), 2019.
- Parhelio (XX Premio Fiz Vergara Vilariño), 2020.
No ano 2007 explorei o universo blog como fórmula para dar forma a un poemario: biolencia (bio-lencia.blogspot.com).
[Marzo, 2021]