(1929 - 2015)

Xosé
Fernández Ferreiro

SOCIO DE HONRA DA AELG. Letra E 2003 - Nogueira de Ramuín

Naceu en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1929.

Membro do grupo literario nacionalista Brais Pinto. Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega e tomou posesión o 9 de marzo de 2013.

[Decembro, 2015]