Xosé Antonio
López Teixeira

Nacín en Vigo. Son licenciado en Xeografía e Historia pola USC e, na actualidade, exerzo de profesor no IES Santa Irene de Vigo. O meu labor de investigación xira, fundamentalmente, acerca da análise dos alicerces políticos e da conformación do Reino de Galiza -e xa que logo, da propia comunidade galaica-, situada na luzada da Idade Media.

Así, son autor do libro, Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910), Reis series e liñaxes galegas nos séculos VIII e IX. Cara a unha nova interpretación histórica das orixes, Noia (A Coruña), 2003. Obra merecente do 1° Premio de Historia Medieval de Galiza, 2002, outorgado pola editorial Toxosoutos.

Ao que compre engadir numerosos traballos como As orixes políticas do reinode Galicia. Usurpadores e tiranos {1999), Arredor do 'Regnum Christianorum' dos Galegos (2000) ou A reconstrucción político-institucional do reino de Gallaecia (2001).

Así mesmo son colaborador habitual en revistas de investigación e pensamento e tamén nos suplementos culturais de xornais.

Ten listo para a imprenta o libro Rex et Regina, Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega.

[setembro 2007]