Xesús
Rábade Paredes

Seixas-Cospeito (Lugo), 1949. Licenciado Filosofía e Letras (Historia) pola Universidade de Santiago, ao tempo que traballa como redactor na Gran Enciclopedia Gallega e como emigrante algúns veráns en Suíza.

Catedrático de Lingua e Literatura Galega de Ensino Medio.

Colabora asiduamente na prensa e outros medios do país con artigos de opinión e crítica literaria.

É membro fundador do PEN Clube de Escritores de Galicia.

Impartiu diversos cursos da súa especialidade en Galicia e no estranxeiro e participou na elaboración de material didáctico desde o momento en que a lingua galega se introduce no sistema educativo.

[Maio, 2015]