Xesús Fraga naceu en Londres en 1971.
Entre 1996 e o 2021 traballou como xornalista en La Voz de Galicia. Actualmente (2022) está de excedencia.
Como autor cultivou o relato (Tute para catro, A-Z), a novela (Solimán, Virtudes (e misterios)) e a narración xuvenil (O elefante branco, Reo).
Como tradutor, achegou ao galego obras de Julian Barnes, Nabokov, Robert Macfarlane e Jack Kerouac, entre outros. Tamén é autor da introdución e as notas dos dous volumes Sherlock Holmes anotado e do receitario 50 recetas con moras y otros frutos silvestres.
[Xullo, 2022]