Teresa
Prado

Nace en Palencia o 10 de setembro de 1983, mais ao pouco tempo a súa familia vén a Galicia por motivos de traballo.

Ao finalizar a ESO leva a cabo o ciclo medio de Operacións de fabricación de produtos cerámicos, no I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada. Realiza as prácticas no Castro de Sargadelos, onde tamén ten a sorte de participar na experiencia de verán multicultural que ofrece o centro.

En 2007 nace a súa primeira novela, Serpiente, que logra publicar a finais do ano 2009, e continúa escribindo novelas até que en 2012 decide presentar a súa primeira novela en galego, SIDA Conto dun asasino ao concurso de literatura de Repsol, pero non resulta premiada. Para vencer o desengano decide autopublicar a novela Aldán y las rosas de la noche. Uns meses máis tarde a editorial Hades fai unha tiraxe curta do seu libro Repoker de ases e medio ano despois Magama Ediciones fai o mesmo con Después del sol también llega la calma.

Tras dous anos de cambios, en xullo de 2015, irrompe no panorama literario galego publicando S.I.D.A. Conto dun asasino.

En abril de 2016, gracias á axuda e profesionalidade de Ediciones Andante logra sacar á luz seis novas novelas: Gatas, Risas de hiel, Es la espera en un teléfono, De todo lo obsceno y subversivo, Por mí y por todos mis compañeros e Simón dice… despierta.

[Abril, 2016]