Samuel
Merino

Mos (Pontevedra) 1982.

É un creador que, na actualidade, desenvolve o seu labor arredor dunha poética na que se aprecia a pegada indeleble da súa formación en Filosofía (Ldo. pola Universidade de Santiago de Compostela).

A súa obra, de carácter autorreferencial toma o corpo da oralidade en recitais musicados e/ou pequenas pezas escénicas a medio camiño, sempre, entre o performativo e o teatral.

Ata o de agora ten publicados dous poemarios en castelán: Enésima patada con amor (2019) (Autoedición. Isbn: 978-84-09-16880-4) e Trementina (2021) (Editorial Talón de Aquiles), e un en lingua galega: Guantanamera. Poema nun só acto (2021) ( Editora Urutau).

O seu último traballo no que dialogan estas dúas linguas, vén de ser publicado por Disbauxa Editorial (Barcelona) baixo o título de Con esta hoz (2023) que chega acompañado do audiolibro Con esta fouce (gravado coa colaboración da editorial Ruín Alteredicións).

[Maio de 2023]