Ronsel Pan nace na Coruña na primavera de 1980. Cando pequena viviu cos seus avós maternos Pepe e María e cos paternos Antonio e Chelo. Pedíalles a seus pais, Xosefa e Manuel que lle lesen contos ("le, le").
Estuda no Instituto Manuel Murguía e accede á carreira de Relacións Internacionais, realizando un Erasmus en París; ao rematar cursa un DEA, Temps et Territoires, na Académie de Nantes, e no ano seguinte na Loire traballa cunha beca Leonardo da Vinci da Universidade de Salamanca no Cinema de Art e Essai Les Cineastes. En 2005 entra en Comunicación Audiovisual na USC e despois viaxa ata México D. F. para estudar na Escuela de Artes Plásticas cun intercambio da USC. A partir de aí vén asinando videopoemas, curtas experimentais, documentais e entrevistas. No ano 2014 entra en CREA e no 2015 en CIMA. Expón na galería 124 de México D. F. a obra pictórica Vacacións en gris e negro e o vídeo Lenzos.
En 2014 comeza un Master en Literatura na UDC e asina os seus primeiros libros na editorial madrileña Letras de Autor: Onte e Gauloises.
Inicia os estudos de Medicina na USC en 2015.
É membro do Colexio de Xornalistas de Galicia.
Publica en Toxosoutos, Urutau, Medulia, Lautana e Chan da Pólvora.
Obtén o título Materpieces of World Literature de Harvard.
Participa no curso Magnum Photos: Alec Soth. Photographic Storytelling.
Acadou o título Mental Health en The University of Queensland, de Australia. Foi incluída no Programa Internacional de Medicina do American College of Physicians MKSAP.
[Maio, 2020]