Rodrigo
Costoya Santos

Torrelavega, 1977. Profesor de Educación Física licenciado polo INEF Galicia, onde tamén cursou os estudos de doutoramento, introdúcese no mundo da narrativa con Portosanto tras realizar diversas publicacións de carácter técnico relacionadas coa súa carreira profesional (Baloncesto: metodología del rendimiento, INDE, 2002).
Afincado en Santiago de Compostela, onde exerce como profesor no instituto Rosalía de Castro, o autor dá inicio a través da novela Portosanto á triloxía «De luz y tinieblas». Unha saga enmarcada no ocaso da Idade Media que recrea a loita incesante do ser humano contra a escuridade a través das tensións que forxaron o devir da Humanidade ao longo dos séculos. Esta novela, publicada orixinalmente en galego en 2017 (Ed. Toxosoutos), foi traducida e publicada en 2019 en castelán na Editorial Caligrama (Grupo Penguin Random House); unha historia atemporal que ve a luz a través deste primeiro título, e que pronto terá continuidade a través do segundo, Misarela, finalista do certame de novela Torrente Ballester convocado pola Deputación da Coruña na súa edición de 2018. A terceira novela (inédita) que completa a triloxía, Gwened, está en proceso de creación.

[Xuño, 2019]