Rocío Leira naceu na Pereiriña (Cee) o 1 de outubro de 1979. Matemática de profesión, reside e desenvolve o seu labor en Santiago de Compostela onde dirixe un centro de formación para alumnado universitario.
Acadou, entre outros, os seguintes premios:
Segundo Premio do Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2008)
Finalista do VIII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia (2008 e 2010)
X Certame de Poesía para novos creadores Díaz Jácome (2009)
VIII Premio Valle Inclán de narrativa (2009)
XI Premio de narración curta Concello de Marín (2010)
VI Premio de novela curta Vila de Negreira (2012)
XXII Certame Xaime Illa Couto na modalidade de relato curto (2014)
XIII Premio de narración curta Concello de Marín (2014)
XVIII Premio de poesía Feliciano Rolán (2015)
Segundo premio da XXIX Edición do Certame Rosalía de Castro de Cornellá (2015)
IV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro (2015)
XXIV Certame Xaime lIla Couto na modalidade de poesía (2016)
XVI Certame de Poesía Anduriña Voandeira da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi (2016)
Ten publicados dous libros infantís: Universo Pitágoras (2013, Biblos) e O becho que quería comer á avoa (2015, Galaxia) así como un poemario para adultos: Obituario (2016, Política Lingüística).
[Decembro, 2016]