Roberto
Pascual Rodríguez

Profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e Director Artístico da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Colaborador de Artes Escénicas na Radio Galega, no programa Diario Cultural e membro do Consello de Redacción da Erregueté (Revista Galega de Teatro).

Redactor do Dicionario de Termos Escénicos do Consello da Cultura Galega.

Foi Asesor de Teatro no Consello Artístico do INAEM (Ministerio de Cultura), profesor na Universidade Complutense e no Instituto Cervantes, ten organizado e participado en congresos, conferencias e publicacións relacionadas coas Artes Escénicas e dirixe a colección Abrente de textos teatrais da Editorial Difusora, entre outras actividades.

O seu traballo na Xestión Cultural mereceu, entre outros, o Premio Arenteira de Cultura en 2017.

Recibiu o XX Premio Rafael Dieste de textos teatrais 2021 pola obra Sophie non é o meu nome de guerra.

[Xaneiro, 2022]