Rita
Doallo

Rita Doallo naceu en Ourense no 1987 un día de moita calor, e é das poucas persoas que desfruta dos 40 graos habituais do seu lugar natal. Férvelle a cabeza por tal motivo e por iso escribe literatura infantil e xuvenil, por ver se lle refrescan as ideas.

Ten publicados os álbums ilustrados:

- Bigote de tres pelos, con Aira Editorial. 2023.

- Que enleada coa piada, con Canica Books. 2025.

Resultou gañadora do IV premio Simbad para o recordo de literatura infantil e xuvenil no 2025 coa obra Astralistoria, que se publicará en 2026.

[Setembro, 2025]