Ramón
D. Veiga

Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición.

Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín (Xerais, 2017), É tempo de Entroido! (Xerais, 2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (Xerais, 2019), Meigas fóra! (Xerais, 2020), Non pare a festa (Xerais, 2021), De festa en festa (Cumio, 2022), Gloria (Triqueta, 2023), Inventario de bruxas da avoa Maruxa (Cumio, 2023) e Violeta ás agachadas (Xerais, 2023). Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024), «Fani e SuperDani» (Triqueta, 2023/2024) e colaborou no volume colectivo Era outra vez (Cumio, 2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde O xigante egoísta.

En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente (Embora, 2022) (Selección OEPLI, 2022; Premio Frei Martín Sarmiento 2024); en 2022, o XV Premio «El Príncipe Preguntón» de Poesía para Niños con O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante (Diputación de Granada, 2023) e en 2023 o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con Medo me dá! (Embora, 2024).

Publicou os contos en liña #EuQuedoNaCasa (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, Bombas de chocolate (2022), sobre a guerra de Ucraína e Sucedeu en Samede. Un contiño do Entroido (2024).

Para o público adulto publicou Zoom (Xerais, 2022).

Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.

Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.

Autoría da fotografía: Chile Estudio.

[Novembro, 2024]