Rafael
Fernández Lorenzo

Cangas de Morrazo, 1962. Dende novo colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. Libros publicados: Son media ducia e parecen cen (Ir Indo, 1991), O ladrón de voces (Kalandraka, 1998), As flores do meu amigo (Xerais, 2000), Abecedario de Ricardo Carvalho Calero (Edicións Morgante, 2019), Abecedario de Bernardino Graña (Edicións Morgante, 2020), Cocotibur (Xerais, 2021). É coautor de Conversas con Bernardino Graña (Xerais, 2005). Tamén cultivou a poesía co libro O mar do cerne (1987). A súa obra está traducida ao éuscaro, portugués, catalá e castelá.

[Decembro, 2023]