Lago Taboada, Rudesindo (Barro 1961) Escritor: coñecido co pseudónimo de R.S. Lago, colaborou en diversas publicacións como: La Voz de Galicia, o Faro de Vigo, O Correo Galego e as revistas Hidromel e Barosa. Da súa produción cómpre salientar a triloxía de máis de mil páxinas: "A vida é literatura" composta por: 1.- A vida é literatura, 2.- O espello dos Paxariños e 3.- No ventre do labirinto, publicada no ano 2023 pola editorial Autografía S. L. de Barcelona e o Poemario Fontanela (2000), en que amosa a súa sensibilidade cara á súa terra. Ten máis de vinte cinco obras auto publicadas na aplicación Kindle de Amazon na súa páxina de autor central. En 2024 participa con outros autores na antoloxía bilingüe Catro páxinas da editorial Taza lunar books de Vilagarcía de Arousa, dirixida por Augusto Metztli.
Na actualidade segue a vivir na súa aldea natal: A Porriña, do concello de Barro, franxa translitoral das Rías Baixas, alto Salnés Val, a 10 km. de Pontevedra. Vive na compaña da súa parella: Loli Dios, da fermosa Illa de Arousa, que queda a uns 20 km. Fan fogar con eles o can Zeus e o gato Merlín.
Estudou leis, pero a súa vocación básica dende sempre é a escritura. Escribe poemas, relatos, artigos, ensaios, novelas, de todo un pouco. De vez en cando dá un recital de Poemas. É un ser amante de liberdade, da cultura, da xustiza, da ecoloxía e da paz. Considérase un escritor bilingüe: Galego, Español. O seu idioma materno é o galego. Lemas: "A política é a tumba do intelectual", "fai o que debas e faino ben". En fin, están vostedes diante dun letra ferido, dun animal literario que escribe porque o precisa para estar no mundo e tratar de asimilar e comprender. Cre que un escritor debería poder vivir do seu traballo... Solitario, reservado, introvertido, marxinal, realista, odia a enfermidade e a morte, gústanlle: a divulgación científica, a ciencia ficción e a filosofía.....
[Xullo de 2024]