Biografía
Autor: Ramiro José Peralta Torres. Pseudónimo: R.J. Peralta
Nado en Buenos Aires, Arxentina, no 1988 e emigrado a Santiago de Compostela, onde naceran os seus bisavós, no 2001.
Rematou en Santiago os seus estudos secundarios, e gañou o premio de Narrativa en Galego do IES Rosalía de Castro no 2005 e, nese mesmo ano, acadou o cuarto posto no concurso Entre Nós en Galego. Licenciouse en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Clínica. Traballou en diferentes empresas no departamento de recursos humanos.
Desde 2017 publica libros para crianzas ilustrados pola súa parella. Algúns dos seus libros foron editados en español, en inglés ou catalan, ademais de galego. Tamén foron editados os libros para o publico de España, América Latina, Estados Unidos de Norte América e Catalunya.
Bibliografía
Para todos os libros: Millan, B e a autora das ilustracións. Os textos, todos, pertencen a R. J. Peralta.
Peralta, R.J., & Millán, B. Manuela. Santiago de Compostela 2017, Ediciones Bolanda. 32 pp.
Libro Álbum Ilustrado sobre unha rapaza que deixa a aldea porque a cidade tenlle máis encanto. Porén, descubre que sempre quixo coidar das plantas e que a aldea é o seu lugar no mundo.
Peralta, R.J., & Millán, B. Monstro de Ollos vermellos. Vigo 2018, Editorial Galaxia. 32 pp.
Libro Álbum Ilustrado sobre un meniño que é atormentado por un <
Peralta, R.J., & Millán, B. Juego de Niños / Child’s Play. Madrid 2019, Cuento de Luz. 32 pp.
Libro Álbum Ilustrado, tristemente non editado en galego. Supón un fito importante na carreira do autora, xa que foi editado en USA e recibiu importantes premios como a Star Review da revista especializada Kirkus. Mención de honra nos Latino Book Awards, e a selección entre os 50 mellores libros editados Best of the Best da Chicago Public Library.
Peralta, R.J., & Millán, B. Acouga, Babau. Vigo 2020, Editorial Galaxia. 32 pp.
Libro Álbum Ilustrado sobre a vida cotiá dun neno xunta do seu mellor amigo, Babau. Cun final que vai dende o obxecto de transición ao amigo imaxinario. Unha canción de amor á amizade, a imaxinación e ao amor incondicional.
Peralta, R.J., & Millán, B. Bos días, Avoa / Buenos días, Abuela. A Coruña 2021, Hércules de Ediciones. 40 pp.
Libro Álbum Ilustrado sobre unha avoa que é a principal coidadora das súas netas. Fixo parte dos 100 libros recomendados pola Fundacion Cuatrogatos, especializada en libro infantil e con sede en Miami.
Peralta, R.J., & Millán, B. Chegaches! Álbum de Benvida / ¡Ya estás aquí! Álbum de bienvenida / Ja ets aquí! Diari de benvinguda. Ponte Caldelas 2021, Edicións do Cumio. 48 pp.
Libro diario, para a chegada dun bebé. Xunta un texto poético a modo de fío condutor do libro cos cadros necesarios para escribir os datos de progreso do primeiro ano de vida do bebé.
Peralta, R.J., & Millán, B. ¡A la cama, Martín!. Madrid 2022, Narval Editores. 40 pp.
Libro Álbum Ilustrado sobre un rapaz que cre ver un monstro na súa cama e que non consigue que os pais lle acudan. Inicialmente a editorial fixera plans para unha pequena tirada de libros en galego, que nunca chegou.
Peralta, R.J., & Millán, B. As filloas de Manola. Vigo 2022, Editorial Galaxia. 36 pp.
Gañador do II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Libro sobre unha señora, maior, que xa é avoa, e que non deixa de recibir visitas que piden a súa axuda. Na mentres, intenta rematar de preparar as filloas para a cea.
[Decembro de 2024]