Pura Tejelo Núñez (A Coruña, 1953), licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de Lingua e literatura no ensino medio e exerceu labores de normalización lingüística e de integración escolar con alumnado inmigrante. Así mesmo, exerceu cargos de xerencia na asociación cultural O Facho da Coruña para a que coordina os Certames de Poesía e Relatos. Publicou nas revistas literarias Dorna, Festa da Palabra Silenciada e Clave Orión. Aparece na Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, de Kathleen March. Tamén colabora no blog Os chanzos (oschanzos.blogspot.com). En 2014 recibiu o segundo premio do Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María, e en 2016 o Johán Carballeira de poesía por A elegancia do século (Xerais, 2017, segunda edición en 2018). Publicou posteriormente As horas de Hanna (Urutau, 2019) e Novembro (Urutau, 2021). Tamén no 2021 o Patronato da cultura galega de Montevideo decidiu dedicarlle o Día da Poesía Galega na súa 29ª edición. Participa en Poetas Di(n)versos o 28 de febreiro do 2022 xunto coa grande escritora colombiana Piedad Bonnet.
[Xuño, 2022]