Paula Merlán naceu en Vigo, no ano 1979. É escritora, mestra de Educación Primaria e Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Actualmente, compaxina a docencia coa escrita. Publicou numerosos títulos de Literatura infantil, algúns dos cales foros traducidos a varios idiomas. Entre a súa obra en galego destacan os libros: Canta Contos de Nadal, Uxía e o Mar, Ei, ti! Dinosaurízate, O dedo no nariz, A rede de Inés (seleccionado pola OEPLI no 2022), A Troglodita (que xa vai pola terceira edición), Enga, unha bruxa prehistórica, Era outra vez, Asali e a lenda do baobab, As aloucadas historias dos Monki, Pequeno botón, Xa non son malo, Un trevo para Xulieta, A pantasma Cocociñas e Moranda.
[Xaneiro, 2024]