Patricia
Arias Chachero

Nada en Ponferrada o 6 de outubro de 1972. Estudou Maxisterio en Ourense e simultaneou as licenciaturas de Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1995 e 1998 foi bolseira da Fundación Otero Pedrayo, autor da que é especialista. En 2015 entrou a formar parte da Comisión de Goberno desta Fundación e exerceu como secretaria da mesma entre 2015 e maio de 2017. No 2020 asume de novo a secretaría da entidade.

Entre 2007 e 2008 formou parte do consello de redacción de Longalingua. Revista Galega de Lingua e Sociedade, da Mesa pola Normalización Lingüística, organización coa que levaba colaborando desde finais dos noventa.

Desde 2011 forma parte do consello de redacción de Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Desde 2019 forma parte do consello de administración da Editorial Galaxia. En 2020 ingresou como padroeira no Museo do Pobo Galego.

É catedrática de Lingua e Literatura galega no IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela. Con anterioridade impartiu docencia no IES de Brión, no IES As Bizocas do Grove e no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.

Obra

- Vida e obra de María Mariño (Ed. Galaxia, 2007)
- Lingua e Literatura galega. 1º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2008; con Mercedes Álvarez, Xesús Román Laíño e Antón Riveiro Coello)
- Lingua e Literatura galega. 2º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2009; con Serafín Alonso Pazos, Mercedes Álvarez, Manuel Forcadela e Chus Nogueira)
- Mecas. A memoria das mulleres (Imagraf, 2009; coordinadora)
- Mecos. A memoria dos homes (Imagraf, 2010; coordinadora)
- As colareiras do Grove (Todogrove Edicións, 2010; con Antón Mascato)
- Trasalba, terra literaria. Unha viaxa a través da obra de ROP (Ed. Galaxia, 2011)
- Na casa grande de don Ramón (Ed. Galaxia, 2011; caderno de exercicios)
- Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (Ed. Galaxia, 2017; con Afonso Vázquez-Monxardín)
- Dicionario dos alcumes do Grove (Nova Galicia Edicións, 2011; con Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena e Antón Mascato)
- Talasonimia do Grove (Difusora de Letras e Ideas, 2013; coordinadora)
- Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa como poeta e incitador literario (Concello de Vilagarcía de Arousa, 2017; con epílogo de Xesús Alonso Montero)

Colaboracións en libros colectivos:

- (2023) “Francisca Herrera Garrido: autora da primeira novela en galego asinada por unha muller e pioneira en "Nós" e na RAG” en Corenta mulleres tecendo xuntas / coord. por Carme Adán Villamarín, Montse Fajardo Pérez, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, páx. 45-46
- (2023) “Francisco Fernández del Riego, preso político” en Francisco Fernández del Riego no río do tempo / coord. por Tamara Andrés Padín, Manuel Naveira Fuentes, Armando Requeixo Cuba, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro, páx. 15-27.
- (2022) “Florencio Delgado Gurriarán e Ramón Otero Pedrayo: Un epistolario (1930-1975)” en Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán / coord. por Luis Alonso Girgado, Luís Cochón Touriño, Armando Requeixo Cuba, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro páx. 29-39

Edición crítica

- María Mariño. Antoloxía poética (Galaxia, 2007)
- Eça de Queirós: O Mandarim (Candeia Editora, 2008; xunto a Xosé Manuel Sarille)
- Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1905-1950) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez)
- Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1951-1956) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez)
- Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo (Deputación de Ourense, 2015; con Afonso Vázquez Monxardín)
- Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (2020). Henrique Monteagudo, coordinador. Patricia Arias Chachero, Nélida Cosme Abollo, Adrián Estévez Iglesias, editores. Real Academia Galega.

Premios

Primeiro premio do Certame Literario-pedagóxico sobre a poesía de Lorenzo Varela, convocado polo Concello de Monterroso (2017).

Ten colaborado nas seguintes publicacións periódicas:

ADRA: REVISTA DOS SOCIOS E SOCIAS DO MUSEO DO POBO GALEGO

- (2019) “Antón Fraguas, Castelao e Florentina García, a rapaza que morreu de amor”, Nº. 14, páx. 109-117

AGORA DO ORCELLÓN

ANDAINA: REVISTA DO MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO

- (2024) “De putas, zorras, machorros e maroutallos: Cambiar por ti me da pereza", Nº. 73, páx. 24-26
- (2024) “Creatura ", Nº. 73, 2024, páx. 55
- (2023) “Linguaxe non binaria”, Nº. 72, páx. 20-22
- (2023) “Catro aproximacións á adolescencia e á infancia trans na literatura xuvenil galega”, Nº. 72, páx. 46-49
- (2021) “As colonias escolares: Madrid-Galicia, 1936-1939”, Nº. 71, páx. 18-22
- (2019) “Aureanas do Sil, emprendedoras buscadoras de ouro”, Nº. 70, páx. 42-47
- (2018) “Emilia Docet Ríos, moito máis que unha Miss”, Nº. 69, páx. 32-36
- (2017) “Rosa María Lojo”, Nº. 68, 2017, páx. 41-46
- (2017) “Era necesaria Tea Stilton?”, Nº. 68, 2017, páx. 50-51 (con María Araújo)
- (2016) “Svetlana Alexiévich, Premio Nobel de Literatura 2015”, Nº. 67, 2016, páx. 34-37
.- (2014) “Polbeiras”, Nº. 65, páx. 27-30
- (2013) “Boys don't cry”, Nº. 64, páx. 28-30
- (2012) “A fábrica de xabóns da Toxa”, Nº. 61-62, páx. 44-48
- (2012) “Rita Levi-Montalcini, unha muller preciosa”, Nº. 61-62, páx. 52-53
- (2011) “Sinaléctica sexista”, Nº. 57, páx. 14-18
- (2010) “As colareiras”, Nº. 55, páx. 30-34
- (2009) “Se ofrece gallega...”, Nº. 52, páx. 39-42
- (2007) “Mulleres na rúa: sobre toponimia urbana”, Nº. 46, páx. 46-49
- (2006) “Unha bibliografía posíbel”, Nº. 45, páx. 37-42
- (2006) “Si tibi terra levis: (que a terra che sexa leve!)”, Nº. 43, páx. 44-47
- (2005) “Querida mamá...: os escritores e a súa correspondencia”, Nº. 42, páx. 38-41

AUNIOS

- (2024) “O poeta Antón Tovar e o Mar da Lanzada”, N. 29
- (2023) “Relato veraz: o verán de 1936 en Galicia segundo a pintora Maruja Mallo”, N. 28
- (2021) “Unha festa en Louxo”, un poema de Emilio Villelga Rodríguez, N. 26, páx. 73-75
- (2020) “A Toxa, setembro 1850. Eduardo Pondal un poeta namorado”, N. 25, páx. 53-55
- (2020) “Antón Mascato, Atila no Grove: crónica política da memoria da masacre (1923-1948)”, N. 25, pp. 56
- (2019) “Agustín de la Rosa Gil no Grove, poeta circunstancial), N. 24, pp. 23-25

BARBANTIA: ANUARIO DE ESTUDOS DO BARBANZA

- (2007) “Historia dun prólogo”, N. 3, páx. 181-190

BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

- (2023) "Querido e ademirado irmán": Francisco Fernández del Riego e Ramón Otero Pedrayo, máis de corenta anos de fraternal intercambio epistolar (1934-1975), Nº. 384, (Exemplar dedicado a: Francisco Fernández del Riego), páx. 217-234
- (2019) “A aventura de editar na primeira posguerra, e dalgunhas relacións de Aquilino Iglesia Alvariño cos homes da Benito Soto”, Nº. 380, (Exemplar dedicado a: Antonio Fraguas Fraguas), páx. 275-290

CÓMAROS: REVISTA INTERDISCIPLINAR DE PENSAMENTO GALEGO

- (2016) “Shola y angeliño, aproximación de Bernardo Atxaga á lingua galega”, Vol. 1, Nº. 2

CUMIEIRA DAS LETRAS

- (2023) “Unha faceta ben coñecida de Darío Xohán Cabana. O comprometido e culto autor de encrucillados”, Nº. 2, páx. 181-187

GRIAL: REVISTA GALEGA DE CULTURA

- (2023) “Francisco Fernández del Riego, estudante universitario”, Nº. 237, páx. 8-13
- (2021) “Porque non seca a morte a fonte das cantigas”: Albor (Cuaderno de Poesía) e algúns intelectuais galegos na posguerra” Nº. 232, páx. 102-111
- (2020) ““O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación cos intelectuais galegos: o epistolario con Vicente Risco (1934-1954)” Nº. 227, páx. 41-53
- (2018) “Os testamentos de Ramón Otero Pedrayo”, Nº. 218, páx. 48-59
- (2017) "Pelerinaxes", de Otero Pedrayo: unha homenaxe ao territorio e ás xentes que o poboan”, Nº. 215, páx. 10-11
- (2017) “Ediciones Celta de Lugo”, Nº. 214, 2017, páx. 84-91
- (2016) “Elena Quiroga Abarca”, Nº. 210 (Exemplar dedicado a: Feminismo(os)), páx. 104-109
- (2014) “Lastura e "O Roibén": unha editorial idealista para unha colección de libros de calidade”, Nº. 201, 2014, páx. 94-97
- (2006) “Querida mamá: Epistolario inédito de Otero Pedrayo, 1905”, Nº. 169, páx. 71-83

INTERVIÚ

- “Sampa, la ciudad de la locura”, (7/10/2002)

LUZES

- (2020) “Nosoutras”, N. 87, páx. 40-41

MADRYGAL: REVISTA DE ESTUDIOS GALLEGOS

- (2020) “Francisco Leal Insua e Carlos de Passos. Unha amizade na distancia”, Nº 23, páx. 61-79 (Con Marta Vázquez Abuín)
- (2018) “Aproximación a la vida y obra de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda”, Nº 21, páx. 355-379
- (2015) “"Cómaros verdes". O primeiro poemario galego de posguerra”, Nº Extra 18 (Exemplar dedicado a: Identidade, alteridade e exilio na literatura galega), páx. 63-72

NUDOS. SOCIOLOGÍA, TEORÍA Y DIDÁCTICA DE LA LITERATURA

- (2017) “Tendencia autobiográfica de Ramón Otero Pedrayo: Eladia Pedrayo Ansoar, madre y modelo literario”, Vol. 1, Nº. 2, (Exemplar dedicado a: Pensamiento, vida y obra de Otero Pedrayo), páx. 50-61

RAIGAME: REVISTA DE ARTE, CULTURA E TRADICIÓNS POPULARES

- (2017) “Carlos Casares biográfo: algunhas achegas”, Nº. 40, (Exemplar dedicado a: Carlos Casares), páx. 50-61

REVISTA DE LENGUAS Y LITERATURAS CATALANA, GALLEGA Y VASCA

- (2022) “Ramón Otero Pedrayo e a aldea de Trasalba: A relevancia literaria dun espazo”, Nº 27, páx. 73-80
- (2019) “Dous sonetos barrocos en galego. Algunhas consideracións”, Nº 24, páx. 117-130
- (2014) “Aquilino Iglesia Alvariño e a literatura galega de posguerra”, Nº 19, páx. 135-150

SERMOS GALIZA

- (2024) “No ano Viqueira: unha lembranza da tía, Carmen Viqueira Flores-Calderón”, Sermos Galiza, 11 de outubro
- (2024) “A Festa da Lingua Galega. Un centenario”, Sermos Galiza, 5 de xullo
- (2024) “Ánxel Casal, memoria de Nós”, Sermos Galiza, 24 de abril (con Antón Mascato)
- (2024) “As mulleres na “Galiza Mártir”, Sermos Galiza, 9 de marzo
- (2023) “Otero Pedrayo. O legado do Seminario de Estudos Galegos”, Sermos Galiza, 17 de setembro
- (2023) “Maruxa Mallo. Relato dun verán marcado polo golpe de estado”, Sermos Galiza, 22 de xullo
- (2023) “Ramón Otero Pedrayo e Fracisco Fernández del Riego. Achegas á enteireza dunha amizade fraternal”, Sermos Galiza, 13 de maio
- (2020) “Emilia Docet Ríos e Paquita Goday. Os tempos de “miss” política na Galiza”, Sermos Galiza, 2 de maio (con Antón Mascato)

TEMPOS NOVOS: REVISTA MENSUAL DE INFORMACIÓN PARA O DEBATE

- (2002) “A hora decisiva: Tempos Novos no Brasil”, Nº. 64, páx. 46-49
- (2002) “Dolinda de Souza: o clan dos Rainha”, Nº. 64, páx. 50-53

[Xaneiro de 2025]