Nacín en Begonte (1970).
Son Diplomado en Traballo Social e Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago. Exerzo profesionalmente como traballador social nos servizos sociais municipais.
Deume por escribir; así, colaboro co xornal mensual TerraChá.Xá desde hai varios anos, recopilando en formato libro os cen primeiros artigos, titulándoo En Cincuenta Mil Palabras. Actualmente, continúo a colaboración mensual con dito xornal coa columna "Coa Nosa Voz"
Tamén publico en Aurora, un semanario israelí editado en Lingua Española, cunha columna "De Compostela a Ierushalaim".
Teño varios relatos e micro relatos. Actualmente participo nun proxecto chamado EmCreativo, patrocinado pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM).
Faltaba dar o paso, pero a miña primeira novela está aquí: A marcha de Anxo.
[Outubro, 2020]