Pablo Bouza Suárez. Fene (A Coruña) en 1965. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Exerce como funcionario no Concello de Culleredo (localidade onde reside), desempeñando o cargo de xefe de servizo de Cultura e Educación.
Colaboracións no xornal El Correo Gallego. Corresponsalía Fene (1989).
Locutor- redactor na emisora Radio Fene. (1989).
Director da emisora Radio Culleredo. (1991-1995).
Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Membro da SAF (Sociedade Artística Ferrolana).
Participa nos II e III Encontros de Pintura e Poesía organizado pola Deputación Provincial da Coruña.
Xurado no Certame Manuel Murguía de ensaio da Deputación Provincial da Coruña. Anos 2004 e 2006.
Xurado no Certame Literario Suárez Ferrin. FEPS. 2008-2009.
Participa nos I e II Dialogo de Pintura e Poesía. Culleredo 2008-2009.
Participa no III Encontro coa Arte. Lembrando a “Blanco Amor”. Brión 2008.
Participa no IV Encontro coa Arte. Lembrando a “Celso Emilio Ferreiro”. Brión 2009.
Participa no VI Encontro coa Arte. Lembrando a “Castelao”. Brión-Rianxo 2012.
Ten publicado poemas en revistas como Poesía Galicia ou Anuario Brigantino.
Participa como poeta no proxecto-exposición “Unha marea de amor” no 25º Aniversario do Centro de Orientación Familiar da Coruña.
PREMIOS:
3º premio no Certame de Poesía “Hernán Esquío” (1984).
Accésit no Certame Nacional de Poesía “Pérez Parallé” (2000).
1º Premio no Certame Nacional de Poesía “Pérez Parallé” (2002).
1º premio ex aequo no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2003).
1º premio no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2004).
1º premio no Certame de Poesía “Conde de Gondomar” no Val Miñor (2007).
3º premio no Certame de Poesía da Asociación “Rosalía de Castro” de Cornellà (Barcelona) (2007).
1º Premio no Certame de Poesía “Francisco Añón” (2008) do Concello de Outes.
1º Premio no Certame de Poesía “Concello de Marín” (2009).
1º Premio Certame de Poesía de Vilalba (2009).
1º Premio Certame de Poesía de Vilalba (2010).
1º Premio Certame de Poesía de Vilalba (2013).
Finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de Poesía no ano 2014 da Asociación Galega de Editores por Os privilexios dos somnámbulos.
V edición do Certame de Poesía X. M. Díaz Castro. Concello de Guitiriz no ano 2021.
PUBLICACIÓNS:
Artigos:
-“Notas da viaxe iniciática dun aprendiz de poeta na busca do espírito de Mariñán”, pp: 25-29, en AAVV: II Encontro coa pintura e a poesía, Deputación da Coruña, A Coruña, 2006.
-“Jano Muñoz. Pintura clásica contemporánea”, en Catálogo da exposición de Jano Muñoz, Caixanova (2007).
-“As escolas culturais de Culleredo: da democracia cultural á transformación social”. Interea visual. Deputación da Coruña, 2006.
-“Poemas” en catálogo da exposición La piel de la piedra do escultor Francisco Escudero, Galeria Colecionan, A Coruña 2009.
Libros:
In aeternum. Poesía Deputación da Coruña (2007).
Na procura do Norte. Premio de Poesía “Conde de Gondomar” Inédito. 2007.
O home que falaba coas baleas. Colección Premio de Poesía “Francisco Añón” Concello de Outes. 2009.
Ingrávido signo. Espiral Maior Poesía. 2010.
Na intimidade do azougue. Espiral Maior Poesía. 2011.
Os privilexios dos somnámbulos. Alvarellos Editora. 2014.
(Este libro foi finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de Poesía no ano 2014 da Asociación Galega de Editores).
Certame e poesía Rosalía de Castro (1997-2018). Varios. Xunta de Galicia. Concello de Cornellà. 2019.
“Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse”. Espiral Maior. (No prelo).
[Decembro, 2022]