Carlos Vega, ou O Príncipe Invisible, naceu en 1997, a 30 días de que acabase o verán e malvive facendo pizzas mentres fai o que pode por rematar os seus contos de medo, que se abriron paso nun puñado de antoloxías autopublicadas, ente eles Aldea, Doméstico, Os Contos Dislocados, Os Textos Amados e en volumes de varios autores.
Comezou a escribir hai anos por celos dos libros de medo que tanto lía. Aos dezanove anos busco e achou fortuna en Inglaterra, sendo case nomeado herdeiro dunha fortuna de orixe checa, en parte grazas a recoñecer un cadro de Mondrian. Gústanlle as cancións de Johnny Cash e Foreigner. Tamén se xacta de coñecer un segredo crítico sobre o príncipe de Gales. Con todo isto xa ten 25 anos e pouco máis sabe escribir. Tamén, ninguén sabe como, apareceu en revistas como Contos Estraños, Revista Mordedor ou Círculo de Lovecraft. Participou en magazines como Grimorio Novum, Guisomo Eu, Barullo na rede ou A que cheira, papá?, e tamén participou en varios Torneos de Duelistas nos que chegou a ocupar o segundo posto. Campión da I Copa Biosbardia de relatos, foi derrotado como finalista en concursos como Contos Arrepiantes, Ligas Maruxairas, onde quedou en terceiro posto, Concurso de microrrelatos Aliteraclara, de Contos de Terror da Biblioteca Ánxel Casal ou Certame de Microrrelatos Tórculo.
[Setembro, 2022]