
María Montserrat Varela Vázquez (13 de maio de 1969, Santiago de Compostela) é unha escritora, investigadora e traballadora social galega, especializada na tradición oral e cultura popular de Galicia. É coñecida polo seu labor de recollida de contos, cantigas, oficios tradicionais e pola difusión da cultura galega a través de charlas, contacontos.
Biografía
É traballadora social de formación, estudou na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa formación influíu na súa perspectiva sobre a vida comunitaria e o papel das mulleres no medio rural.
Ademais de ensaio, escribe poesía, e literatura infantil (moitas destas obras están aínda inéditas)
Obras
- Varela Vázquez, Montserrat. Cantos contos nun tris tras. Tambre, Edelvives, 2003. ISBN 978-84-263-4150-2.
- Varela Vázquez, Montserrat. Na memoria do pobo: oficios, contos e cantigas. Sotelo Blanco, 2005. ISBN 978-84-8164-329-4.
- Varela Vázquez, Montserrat. Convivencia entre natureza e superstición na tradición popular galega. Galaxia, 2008. ISBN 978-84-8311-223-0.
- Varela Vázquez, Montserrat. Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia. Dr. Alveiros. Fundación Vicente Risco. 2025. ISBN 978-84-129300-8-5
Premios e recoñecementos
- X Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2005) por Na memoria do pobo: oficios, contos e cantigas.
- Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo (2008) por Convivencia entre natureza e superstición na tradición popular galega.
- Mnción especial no XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2025) por Historias de muíños e muiñeiros/as no cerne de Galicia.
Actividade comunitaria e divulgativa
- Secretaria durante aproximadamente cinco anos da Asociación Cultural, Social e Recreativa Casa Agraria do Cruceiro da Coruña en Santiago de Compostela, realizando traballo voluntario.
- Organizou e participou en actividades culturais para a comunidade.
- Formou parte un ano da directiva da Asociación Galix, dedicada ao fomento do libro infantil e xuvenil en Galicia.
- Pregoera da Festa do Queixo de Arzúa (2009), destacando o traballo das mulleres no rural galego.
- Participación en charlas, conferencias, certames literarios, contacontos en colexios, institutos e bibliotecas galegas, así como publicación de artigos en revistas culturais, como a do Museo Terra de Melide.
[Agosto de 2026]
